O
relato carece dunha secuencia que sexa relevante para o resto da historia, xa
que se descobre o motivo esencial nunha única escena que é a única que nos
revela o fin do misterio, sen importar practicamente nada os sucesos
anteriores. Aínda por riba esta escena atópase case ao final da novela.
O
libro contén bastantes personaxes, algúns cun carácter que che fan odialos e
outros que fan que admires a súa maneira de ser. O meu personaxe favorito é
Carlos o tío de Carla, que ao longo da novela vaina axudar en diversas
ocasións.
En
canto ao contido, ten a singularidade de que cando estás concentrado en saber
un anaco da historia méteche por medio unha descrición dun espazo que é irrelevante.
Desconcentrándoche da lectura e aburríndote polo que ao principio non che dan
gañas de lelo.
A
portada non sei que pinta aí, xa que os elementos que che representa só aparecen
unha vez en toda a novela.
A
min sinceramente o libro non me gustou, é certo que ten unha historia entretida
e ben pensada pero a forma de contala non me pareceu a indicada.
Brais Pena Docampo (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario