Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 7 de novembro de 2013

Prohibido se eres muller

"Hace unos días, en Arabia Saudí, un grupo de mujeres protestó contra la prohibición oficial de que lleven vehículos, pese incluso a las advertencias del Gobierno. La campaña las incitó a grabarse a sí mismas conduciendo a través de distintas ciudades. Sin embargo, no es el único lugar del mundo en el que se dan prohibiciones de esta clase y que, de una u otra forma, ponen límites a las libertades de las mujeres. 

El diario norteamericano 'The Washington Post' aprovecha el contexto y hace un repaso por alguna de ellas."

Aquí o artigo completo

Balda de Libros (II): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas





Que me queres, amor?, Manuel Rivas, Galaxia

Para min este libro foi fácil de ler e tamén de entender. Gustoume bastante porque son historias que a min polo menos me engancharon xa que non dependen unha de outra. Houbo palabras que non entendía pero iso arranxeino tendo un dicionario a man para axudarme del cando o necesitaba. 

“A leiteira de Vemeer” para min foi algo pesada de ler pero con ela aprendín que é certo que un fillo nunca poderá agradecerlle a unha nai o que ela fixo por sacalo adiante e darlle a mellor educación, en fin unha nai é o mellor que pode ter un fillo, é a que te cuida cando estas enfermo, a que se desvela por ti, a que te comprende, a que che da cariño, apoio, aínda que en poucos casos se da o contrario. 

En fin eu gocei lendo este libro porque ten lecturas divertidas coas que te podes rir, lecturas de misterio e lecturas de emocións coas que podes chorar e tamén aprender leccións de vida como aprendín eu con esa lectura.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)

A verdade é que  me decepcionou un chisco este libro, porque o titulo é algo ao que eu lle presto moita importancia e pensei que o libro estaría enfocado desde unha parte do amor moito máis diferente, moito máis doce, etc. 

Aínda que non me gustara a forma  na que están formulados os temas, si que me gustou como desenvolve os contos o escritor, sempre nos deixa con intriga, deixa sempre algo no aire, pero ás veces debería concretar algo máis o asunto.

O conto que máis me gustou foi "Só por ai", xa que foi no que máis me adentrei nel e despois a maneira de imaxinarme porque ese rapaz non pasaría a noite na casa. 

O que menos me gustou foi o de "O mister e Iron Maiden" xa  que é un tema moito máis futboleiro e eu non son unha gran fanática do fútbol, e nin son do Deportivo da Coruña. Tampouco nese conto é que se explique moi ben porque xunta o tema do fútbol co do mar e liase un pouco.

O vocabulario non me resultou complexo, foi bastante sinxelo, o único que me deu algo máis de traballo foi ter que averiguar o que querían dicir algunhas expresións. 

Polo resto gustoume moito, porque tamén fala da música, e é un tema que realmente me agrada atopar nun libro como este e que pensei que non atoparía.

Alba Docampo Noya (4º PDC)

Este libro a min custoume moito entendelo xa que non se expresa ben o autor nos contos, non hai diálogos e ademais tes que ler dúas veces o mesmo se realmente queres entender ben o que sucede no conto. E iso que a linguaxe é moi simple.

O conto que máis raro me pereceu foi "A luz de Yoko", xa que para non entendin case nada, namais que hai un pai que lle berra ao fillo por estar ata as tantas coa tele.
O que máis me gustou foi o de "Que me queres, amor?", por que é o que máis se entende.

Este tipo de libros a min persoalmente non me atraen moito, porque non acaban de engachar para seguir léndoos.

Brais Rey Calviño (4º PDC)