Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de decembro de 2019

Conta de Libros (XXV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey


Este libro gustoume moito, pareceume un relato bonito e interesante, é un libro fácil de ler. 

Ao principio é un pouco raro porque e como se fose o final e non se entende pero na segunda páxina xa se entende mellor e xa é máis fácil de ler e lese moi rápido. 

O momento mais importante do libro é cando “Degolado” coñece a “Pomba” e fala case todos os dias con ela. 

O meu personaxe favorito é “Degolado” porque é moi listo e tamén outra cousa que me gusta moito del é que sabe moito sobre paxaros, ten poucos amigos pero son bos amigos e á parte case sempre está con eles pase o que pase. 

O final gustoume moito e tan só cambiaría unha cousa e é que seu avó non morrese e os paxaros os soltase o avó canda el e “Pomba”. Moito máis tarde que casase con Pomba e fosen vivir á casa do avó (restaurante), e que seguisen vivindo cos paxaros, cans etc. e Tula volvese á casa e seus pais fixesen as paces.

Recoméndovos este libro porque está moi chulo, xa que trata como de agora mesmo coñecer alguén por Internet.

Pablo Couselo Noya (3º ESO)


Pois eu non teño momento máis importante do libro porque para min todo o relato foi moi interesante, pero se tivera que escoller escollería o final cando solta André os paxaros das gaiolas. 

O tema pareceume moi interesante porque a min non me aburriu moito mentres que outros libros a min abúrrenme moito e non me gusta ler, pero este libro enganchoume moito e acabeino moi rápido. 

O vocabulario non foi moi difícil de entender, só algunhas palabras que foron difíciles pero o demais foi fácil de entender. 

Eu recomendaría este libro para que o leran outros lectores porque está moi interesante e tampouco ten un vocabulario moi difícil de comprender. Ademais este libro engancha moito e para quen lle gusten moito os libros vaino acabar moi rápido. Aínda que vos pareza que ten un final moi raro e algo difícil de entender o demais é fácil.

Precisamente, o único que non me gustou moito do libro foi o final, porque non o entendo moi ben e tamén o principio cando conta unha historia, tampouco o entendín moi ben pero o resto do libro resulta fácil de entender.  

Adrián Esmorís Noya (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque é entretido, a pesar de todo o que lle pasa a André. 

A parte máis importante é cando o avó morre porque despois André ten que se facer cargo dos paxaros, mais cando André ten que deixar a seu pai porque el foise con outra muller e André ao enfadarse con seu pai el non lle pode axudar.

Cambiaría o final porque non me gustou que morrera o avó de André, porque era o que máis quería. 

Está escrito nunha lingua fácil de entender porque non tiña moitas palabras que non se comprenderan. 

Un libro que recomendo ler porque é moi interesante e entendese ben. 

Martín Rivas Suárez (3º ESO)

Conta de Libros (XXIV): Silencio, de Fran Alonso



Gústame moito este relato porque envólvete nunha historia de misterio e intriga e un pouco de medo ao saber que sucede no outro piso co Pai e os 8 ou 9 nenos. 

A historia é algo difícil de entender por tantas cousas que fai o protagonista alí por Madrid, as cousas que lle ocorren no piso e os pensamentos que ten, ademais narra moi ben o que é mudarse, e o sufrimento que conleva marchar da túa cidade natal na procura de traballo.  

Podería cadrar cunha historia real aínda que é moi macabra e perturbadora, non sei se se deu algún caso real deste tipo, pero non me gustaría estar alí. 

Ten un vocabulario bastante sinxelo e fácil de entender, exceptuando unhas cantas palabras. 

Recoméndollo a esa xente que lle guste a intriga, o misterio e as historias que ocorran nas cidades.

Rubén Rodríguez Seoane (3º ESO)

Conta de Libros (XXIII): A chave das noces, de Xabier P. Docampo



A chave das noces é un libro de misterio, é moi entretido e engancha moito, xa que sempre queres saber que vai pasar. O libro é moi fácil de ler e o vocabulario compréndese todo á perfección, a letra é bastante grande e o libro é bastante curto.

Para min, o momento máis importante do libro é moi difícil de escoller, xa que durante todo o libro ocorren cousas importantes e non te podes perder ningunha. Pero eu escollería o momento cando descobren quen están na Pomba, porque eses eran os culpables.

O meu personaxe favorito é Mauro, porque á parte de ser o protagonista, sentiu moita empatía por Henrique, un rapaz que só coñecía dun día antes. Mauro nunca se rendeu e non parou ata resolver o misterio da morte do seu novo amigo.  

Non lle cambiaría nada á novela, xa que me parece que está moi ben organizada e moi ben elaborada.

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)

A chave das noces é un libro que me gustou bastante. Pero creo que lle sobran algunhas cousas, sobre todo do principio, porque hai algúns dos casos que ten que resolver Mauro ao inicio aos que o autor lle dedica moito tempo e despóis na historia en si non teñen nada de importante nin se desenvolven máis a fondo. Así que creo que eses anacos do libro se poderían suprimir poderíase empezar a desenvolver a historia principal dende un comezo.

Aínda así creo que A chave das noces é un libro bastante bo, cunha trama moi interesante e ben desenvolvida menos polo final, xa que persoalmente non me gustan moito os finais abertos, e neste caso o final desta historia é bastante aberto, porque aínda que algúns problemas si que se solucionan o principal da trama non. 

A linguaxe foime algo difícil de comprender xa que había bastantes palabras que non entendía.

Laura Codesido Fernández (3º ESO)

Este libro gustoume moitísimo, pareceume un libro moi bonito e interesante, é un libro fácil de ler. Ao principio non se sabe quen son ben os personaxes pero logo de tres, catro páxinas xa se entende moi ben e lese rápido.

O momento mais importante da novela paréceme que é cando Mauro vai ao barco de Henrique e atopa as súas pertenzas.

O meu personaxe favorito era Mauro porque era moi listo e rápido pensando, para encontrar os culpables.

O final non me gustou moito cambiaría unas cousas como ao final na casa do xefe máis alto que non marchase sen máis, ou que haxa una segunda parte, logo outra mudanza moi importante sería que Henrique seguise vivo porque me daba pena e que volvese para onda a súa familia.

Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi interesante, xa que moitas partes del son a dura realidade e hai que acabar con iso.

Pablo Couselo Noya (3º ESO)

A min este libro gustoume moito xa que me pareceu bastante entretido e realista, xa que mostra o dura que pode chegar a ser a vida e as miles de historias que nos podemos chegar a inventar,e a crer que son reais.

A escena que máis me gustou, pero a que máis pena me deu foi cando encontraron o corpo de Henrique, xa que aí deuse a ver que aínda que coñezas a alguén de moi pouco tempo podes chegar a ter unha gran unión con el ou con ela.

O personaxe que máis me gustou foi Mauro, xa que despois do asasinato do seu amigo, el encargouse de encontrar toda a verdade e intentar vingala.

O final non me gustou moito, xa que me esperaba que terminase deoutra maneira. Pero tamén me pareceu moi valente o que fixo Mauro polo seu amigo.

Recoméndovos este libro xa que che mostra unha realidade de vida, afastada do modelo de vida que temos.

Arancha Rey Brea (3º ESO)