A
noite de lúa chea
Esa noite Laura saíu da súa casa
como facía todos os luns xunto co seu amigo Carlos, pero esa noite era
diferente había lúa chea.
Anoiteceu
e de repente comezou a chover moi forte, unha tormenta das grandes. Entón os
dous amigos tentando refuxiarse foron acubillarse nunha casa abandonada, Laura
a medida que ía saíndo a lúa polo horizonte e ía ascendendo inquietabase máis.
De repente todo deu un xiro.
Laura,
unha rapaza silenciosa e tranquila, de repente convértese nun lobishome, Carlos
non podía crer o que estaba vendo e botou a correr para refuxiarse nalgún sito,
pero non serviu de nada. Laura abalanzouse sobre el.
Ao día
seguinte había moito rebumbio na praza da vila xa que non atopaban nin a Laura
nin a Carlos, dous rapaces moi tranquilos que desapareceron para sempre aquela
noite de lúa chea.
Tamara Muíño Bello (4º ESO)
1 comentario:
Unha lobis-mulier !!!
Publicar un comentario