Antes,
segundo me contou meu avó, cando había caseiros os tempos eran moi difíciles,
xa que tiñan que pagar por quedar nesa terra ou dar parte das colleitas.
A min
encántame este libro porque Pedro vivía nesa época, recórdame moito a como mo
contaba o meu avó. Pero con Pedro non foron xustos, xa que tiñan que ter
cumprido o que dixeron, pero se che pasara a ti igual quererías conseguir as
túas terras de novo.
Pero en
realidade non me gustou moito xa que ao final non lle deron as terras, pero iso
acordan os antepasados. Tampouco era para matar a ninguén, pero a palabra era a
palabra noutros tempos.
A escena que máis me gustou foi cando levaron a Pedro
para a comisaria e están todos tan tranquilos tomando algo no bar, entra el
cunha escopeta e empeza a tiros.
Recomendo
ler este libro porque a min recordoume ao que me contaba o meu avó e grazas a
iso acabeino de ler rápido.
Este libro gustoume moito e
pareceume moi entretido, ademais como é de teatro é bastante breve e lese
bastante rápido. Tamén ten un vocabulario moi cotián, e fácil de entender, e as
poucas palabras que non coñecía pódense sacar polo contexto.
Algo que non me
gustou moito do libro foi o final, que é orixinal, pero non me gustou que
morresen dous protagonistas tan importantes, eu preferiría que morresen os
Saavedra e non os Matalobos.
O meu personaxe favorito é Pedro Matalobos, porque
me pareceu un home moi interesante e moi enigmático.
A parte que máis me gustou
do libro foi cando estaban na taberna e Pedro entrou coa intención de matar a
un dos Saavedra e Marcelo estaba a pelexar co fillo del porque me pareceu un momento
moi tenso.
Eu recomendaríalle o libro as persoas que lles gusten os libros que
te teñen en tensión ata o final, e tamén ás persoas ás que lle gusten as historias
de amor, porque este libro tamén trata sobre algúns dramas de amor, como o de
Marcelo e Amelia.
Adrián Landeira Pose (4º ESO)