O meu xemelgo
Catro días
sen luz, O dragón chamusquino, O quixote junior, eses son algúns dos
libros escritos por Miguel Martínez, un famoso escritor de doce anos coñecido
en todo o mundo.
Un día na
escola…….
-Miguel, pon
a cazadora para saír ao recreo- dixo Manuel, o profesor.-
-Non quero,
non vai frío- dixo Miguel.-
-Vas
enfermar- dixo Leire.-
-Canto
apostas a que non enfermo?- preguntou Miguel.-
-Iso, iso, imos
facer unha cousa, hoxe non poñas a cazadora, se esta semana enfermas tesme que
dar o millón de euros que tes no banco, pero se non enfermas fágoche os deberes
durante todo o ano. Aceptas? –preguntoulle Leire.-
-Si, acepto
–afirmou Miguel.-
Miguel estivo
todos os días totalmente ben. Non lle doía a barriga, nin a cabeza, nin
vomitaba.
Pero o
domingo, ás sete da tarde empezoulle a doer a barriga, media hora despois
empezou a vomitar.
A súa nai
levouno ao hospital para ver o que lle pasaba, alí os médicos dixéronlle que
tiña gastrointerite aguda e que tiña que estar tres semanas na cama.
Miguel non
sabía como solucionar o problema da aposta porque non llo dixera a seus pais e
se eles se enteraban íanlle botar unha bronca tremenda.
Miguel non
sabía o que facer, ata que pola noite, mentras ceaba, viu na televisión unha
reportaxe que explicaba que cada persoa temos un xemelgo no mundo.
Nese momento
Miguel tivo unha idea, encontraría ao seu xemelgo e faría que se fixera pasar
por el, o único inconveniente da súa idea é que el non sabía como atopalo.
Miguel chamou
ao seu mellor amigo, Mateo, para pedirlle axuda.
Mateo e Miguel
quedaron ás doce da noite na antiga fábrica de lambetadas para facer un plan.
-Pero como se che ocorre apostar un millón de
euros?! Estás tolo?!- exclamou Mateo.-
-Agora esa
non é a cuestión, a cuestión é como conseguimos
encontrar o meu xemelgo!- dixo histérico Miguel.-
Os dous
rapaces estiveron pensando un bo tempo, ata que a Mateo se lle ocorreu unha
idea.
-E se o
buscamos nas redes sociais?- preguntou Mateo.-
-Pero
tardaríamos unha eternidade- dixo Miguel.-
-Que prefires,
perder un millón de euros ou estar horas buscando o teu xemelgo?- preguntou
Mateo.-
Nese
momento, Miguel colleu o móbil e abriu instagram.
Con moita
paciencia puxéronse a buscar por orde alfabética.
Cando
chegaron á letra g empezaron polo nome Guillermo, encontraron a un neno moi
parecido a Miguel que vivía en Pontevedra.
Miguel e
Mateo contáronlle todo o que pasara polo chat de instagram e el aceptou ir a
Santiago e facerse pasar por Miguel.
Ao día
seguinte ás oito da mañá Guillermo apareceu diante da casa de Miguel para poñer
en práctica o plan.
Miguel
explicoulle toda a súa vida e a vida dos seus amigos e obrigoulle a Guillermo a
ler a súa biografía.
Guillermo
chegou á escola ás dez menos cinco e ninguén pareceu dubidar se era Miguel ou non.
As dúas primeiras semanas o plan foi xenial, ata que o martes da terceira semana o profesor díxolle a Guillermo:
As dúas primeiras semanas o plan foi xenial, ata que o martes da terceira semana o profesor díxolle a Guillermo:
-Estás
preparado para facer hoxe un libro en directo explicando como se fai?-
-Como que
teño que facer un libro?- preguntou asustado Guillermo.-
Manuel
díxolle que xa lle dixera o outro día que tiña que ir ao colexio de Trazo e
escribir un libro en directo explicándolles a todos como se facía. Entón
escoitaron un pitido fóra, era o condutor do autobús que estaba preparado para
levar a Guillermo e aos seus compañeiros a Trazo.
Ao chegar á
escola de Trazo Guillermo estaba moi nervioso porque o libro máis longo que el
escribira fora de dez liñas e os libros de Miguel son de trescentas.
Chegou a
hora de empezar e Guillermo entrou no escenario.
Xusto cando Guillermo
se acomodou nunha cadeira que había no medio do escenario mirou para unha
rapaza, era a rapaza máis guapa que el nunca vira, tiña os ollos azuis claros
cunha milleira de pecas arredor deles, tiña unha melena longa máis ben de cor
castaña e era de estatura media.
Estaba sentada
xunto os de primeiro da ESO, entón Guillermo supuxo que era dese curso. E Guillermo
estaba apampado mirando para ela cando Manuel lle mandou empezar.
-Em……..
haber para facer un libro……….hai que facer……. Tres….partes no libro……o…. hai a
primeira non me acorda como se chamaba……ben ímola chamar….. inicio, ben entón
inicio, desenvolvemento e….. desenlace. Agora imos facer un libro….. eeee había
unha vez….un neno-
Nese momento
todo o colexio empezou a rir, todo o colexio menos a nena na que se fixara Guillermo.
Guillermo baixou correndo e chorando do escenario.
Guillermo
estaba no patio do colexio e chegou a nena na que el se fixara.
-Ola- dixo a
nena- chámome Nuria, ti non es Miguel verdade?-
-Non, non
son Miguel, chámome Guillermo, pero como sabes que non son Miguel?- preguntou
aínda chorando Guillermo.-
-Intuición
feminina- dixo Nuria-
Guillermo e
Nuria estiveron falando un bo anaco, e Guillermo contoulle todo o que pasara coa
aposta, como Miguel o encontrara e como chegara ata alí.
-Volve para
dentro e fai o libro, e agora non me empeces dicindo que non sabes, porque non
sei se te dás conta pero agora acábasme de contar unha historia moi bonita.
Veña sal aí e cóntalle calquera cousa interesante que che pasara na vida, pero
sal aí, colle o ordenador e escribe- dixo Nuria.-
Guillermo
volveu subir ao escenario e contou o seu primeiro gran libro.
-E ese é o
primeiro libro que publiquei, pero despois publiquei moitos máis, e en todos me
axudou Nuria, claro.-
-Si,
axudeiche por un trato que fixemos, que ti me pediras casar. Que despois de dez
anos xuntos el non quería casar, parécevos normal?-
-Ben pero ao
final estamos casados, Nuria sempre consegue o que se propón-