Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 30 de setembro de 2013

Aviso importante para usuari@s da biblioteca

Queridiñ@s:

Debido a que algúns e algunhas de vós tedes préstamos sen devolver do curso pasado, decidimos bloquearvos e impedir que accedades a novos préstamos este curso ata que devolvades o que é de todos e de todas. Podedes consultar a lista de alumnado bloqueado na porta da biblioteca. Para comentarios ao respecto, erros, aclaracións... debedes dirixirvos a Asun que é a persoa que leva o tema do alumnado "bloqueado".


 Esta é unha medida que se levará a cabo o primeiro día de cada mes durante todo o curso 2013/2014. A lista de "bloquead@s" publicarase na porta da biblioteca e quen estea na lista, non poderá sacar en préstamos ningún libro da biblioteca ata que devolva os que ten sen devolver en prazo.


domingo, 29 de setembro de 2013

Todo o que eu sinto é de verdade


" Al lector se le llenaron de pronto los ojos de lágrimas, y una voz cariñosa le susurró al oído:

- ¿ Por qué lloras si todo en ese libro es de mentira?

Y él respondió:

- Lo sé, pero todo lo que yo siento es de verdad. "


xoves, 26 de setembro de 2013

Cada xoves, un pasiño cara a igualdade. (Hoxe con HUMOR)


¿Queres saber como detectar o machismo nos medios de comunicación? Invirte o sexo de quen protagoniza a noticia. Se o resultado non ten sentido ou queda ridículo, normalmente será sexista.



Imaxe vista no Facebook (Orbita Diversa)

martes, 24 de setembro de 2013

Lendo libros prohibidos

No enlace podedes ver 10 títulos que cada ano sementan polémica en Estados Unidos (están tolos estes ianquis...), con peticións de que sexan prohibidos nas escolas, nas bibliotecas públicas...   O noso club de lectura xa se animou con algúns deses títulos e este ano tentaremos ir, cando menos, a por outro...  Axiña vos contaremos máis...

http://www.abc.es/fotos-libros/20130924/diez-clasicos-intentaron-prohibir-1511195055356.html

luns, 23 de setembro de 2013

Haberá que seguir lendo....



Seguiremos lendo....

 Verémonos na biblioteca, nas reunións dos clubs de lectura...

Arrancamos o curso 2013/2014...

(Seguiremos informando...)