Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (XI): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Unha presa de terra. Marilar Aleixandre. Ir Indo 

Esta é unha historia intrigante e con moito suspense. É unha lectura moi fácil e entretida. 

O meu personaxe preferido é Ana, porque me parece unha gran protagonista que comete o fallo de namorarse de quen non debía, algo moi típico na actualidade. 

O momento máis importante para min é cando o asasino afirma que el matou a Lurdes, a verdade é que eu xa mo esperaba, pero ainda así é impactante. 

Considero este un tema moi interesante, xa que a violencia e o maltrato as mulleres seguen presentes na nosa sociedade actual e por tanto, axuda a ver que é unha realidade que segue pasando e non está xa todo rematado. 

Este libro recoméndoo para todos xa que ten un vocabulario moi sinxelo, do que usamos no noso día a día de forma informal. Sobre todo, recoméndoo para os/as que vos guste o misterio e os asasinatos con investigacións. Así que se queres saber quen matou a Lurdes invítote a ler esta historia. 

Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Para min é un bo libro, con contido de misterio e intriga. A miña parte favorita é cando a compañeira de Couto entra no cuarto toda decidida cunha pistola para salvar a Ana e deter ao asasino. 

Creo que non cambiaría nada, pero se tivera que facelo non emparellaría a Ana con Pepe, xa que me parece algo excesivo, macabro e non me acaba de encaixar, xa que ela era amiga de Choni e non está ben respectar tan pouco aos mortos. Pero aínda así Ana segue sendo o meu personaxe favorito, porque ten moito carisma e ponlle gañas ao seu traballo, aínda que non sempre lle fora fácil afrontalo. 

Creo que tamén cambiaría o narrador da historia, pero non sempre. O libro contado por Ana está ben, pero tamén me tería gustado velo todo dende a perspectiva de Pepe ou do inspector Couto. 

O libro é moi curto e fácil de ler, cun vocabulario fácil de entender, e con bastantes ilustracións. 

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Para min o tema do libro é interesante e moi bo de ler xa que non te aburres ao lelo, e tes moita intriga.

Os meus personaxes favoritos son Rosa, Pepe Castro e Irene, Rosa era moi traballadora, Pepe Castro finxía moi ben que el non fora o que matara a súa muller e Irene era moi lista xa que era moi nova e xa era xuíza.  

Non faría ningún cambio, pero se o tivera que facer cambiaría o final. 

O vocabulario deste libro foi doado de entender e non foi difícil excepto algunhas palabras que ías sacando polo contexto. 

Eu este libro recomendaríao xa que é moi intrigante e ás persoas que non lles guste ler moitas páxinas este é a súa novela xa que non ten moitas páxinas, e ten moitos debuxos así que e rápido de ler. E a quen lles gusten os libros de intriga este é o seu libro xa que tes moito suspense ao lelo. 

Adrián Esmorís Noya (4º ESO)

1 comentario:

lobeira dixo...

Grazas Lorena, Uxía, Adrián! Quedei intrigada por iso que di Adrián de que cambiaría o final. Como? Marilar