Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 1 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia 

A min neste libro gustoume bastante a historia, é entretida é fácil de ler e conten moita retranca galega, cousa que me gusta moito como queda. 

Os momentos máis importantes ao meu parecer foron cando a morte chegaba á escena, porque xa se intuía que alguén probablemente ía morrer pouco tempo despois de que ela se fose. 

A idea de que cada vello tivera a súa historia en concreto e de que non fosen todos o mesmo gustoume bastante. 

A miña personaxe favorita é Micaela, xa que pensou moi ben unha estratexia para roubarlle leiras a Don Ramón, e pareceume gracioso. 

Ao final do libro gustaríame engadirlle que os 3 vellos puideran vingarse das 3 mozas convertidos en pantasmas. 

A lingua pareceume fácil aínda que había algunhas palabras que non entendía moi ben. 

 Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)  
 
Para min este libro foi moi entretido. O autor é Castelao, do que eu xa tiña lido a novela Os Dous de Sempre. Neste caso o libro que lin é unha obra de teatro polo que penso que por iso o lin máis rápido. Cabe destacar que é a primeira vez que leo algo deste tipo e sorprendeume bastante xa que pensaba que este tipo de libros non me ían gustar e ao final gustoume moito.
 
Se tivera que escoller unha das tres historias que compoñen este libro sería a primeira, do boticario Don Saturio e Pimpinela, aínda que me gustaron todas esa foi a que máis me chamou a atención. 
 
En canto á linguaxe tamén quedei sorprendida xa que este non é precisamente un libro da actualidade senón que xa ten os seus anos e enténdese moi ben todo.
 
Por último como xa dixen no outro libro que lin este trimestre teríame gustado que fose unha soa historia pero iso xa é para gustos, aínda así non teño queixas.

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Ningún comentario: