Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 18 de febrero de 2016

Balda de Libros (XXX): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo



Este libro gustoume moito principalmente porque ten uns finais desgrazados que fan que as historias sexan máis interesantes. Por exemplo no primeiro conto un home que mata a un ferreiro pensando que este o queimara a propósito para que foran idénticos e despois ten que quedar usurpando a vida do ferreiro. 

O conto que máis me gustou foi o terceiro porque fala da vida entre o avó e o seu tan apreciado neto polo que faría o que fose. Pola contra o conto que menos me gustou foi o cuarto xa que relata unha historia moi aburrida na que sempre se fala das mesmas cousas. 

O libro ten un vocabulario bastante fácil de entender, aínda que haxa algunha que outra palabra que non se entenda como por exemplo poxigo, zafras, tempas,… 

Este libro recomendaríallo aos rapaces e rapazas un ano ou dous  máis pequenos ca min aos que lles gusten os libros de intriga/medo e porque para a miña idade penso que estaría mellor outros libros que dean máis medo.

David Boo Noya (3º ESO)


É un libro que me gustou moito. Conta historias de medo e de misterio á mesma vez. Estes libros nos que hai intriga e misterio son os que cando les se che fan moi pequenos e quedas coas ganas de máis. 

Cando a vella está a medio queimar e se levanta dá un pouco de medo, pero ese fragmento foi o que máis me gustou de todo o contido do libro. 

O personaxe que máis me gustou foi o cumpremortes porque aínda que sabía que ía morrer fixo todo o  que estivo mas súas mans para saír adiante. 

Cambiaríalle o final, no fragmento da vella poñeríalle que os tres homes foron á casa dela para escarmentala, a vella estaba na cama, eles ían coa cabeza tapada e ela levou moito medo. Dende ese día todos os veciños xa se levaban ben coa vella, e ela con eles.

Recomendaríallo a quelas persoas que lles gusta o misterio ou os relatos de medo. 

Brais Bouzas Leis (3º ESO)

No hay comentarios: