A min persoalmente,
este libro gustoume moito, xa que amosa o que é capaz de facer unha persoa con
tal de poder falar ou estar coa persoa
que lle gusta, e ademais sen traizoar a un amigo. No caso desta obra de teatro,
vemos como Cyrano lle axuda ó seu amigo Cristián a conquistar a Rosana, pese
que el tamén estaba namorado dela.
O tema principal
penso que é, como ben dixen antes, o amor e a amizade, aínda que a guerra tamén
xoga un papel importante.
A obra ten un
carácter triste, porque ten moita relevancia a guerra, na que morre Cristián, e
logo ó final, tamén morre Cyrano.
A escena máis
importante penso que é cando Rosana, logo de tantos anos, descobre que era
Cyrano quen escribía as cartas, e non Cristián, como ela pensaba. Pero a alegría
duroulle pouco tempo, xa que dende que o descubriu, Cyrano morreu en cuestión
de minutos.
Nesta obra, só
cambiaría un aspecto, que sería darlle máis relevancia ó nariz de Cyrano, xa
que para a miña idea é un tema esencial, e menciónase apenas un par de veces.
A lingua foime moi fácil de entender, xa que utilizan unha linguaxe propia do uso diario, e apenas hai palabras das que descoñecía o seu significado, das cales, moitas se sacan polo contexto no que se atopan.
Jennifer López Becerra (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario