O libro gustoume
bastante porque cara ó final empézase a poñer moi interesante xa que ó
principio non te esperas que a historia dea un xiro tan grande. Non esperaba
moito deste libro pero cando o rematei sorprendeume como o autor fai unha
mestura sobre os xéneros como: dramas, suspense, terror, etc…
Pareceume un
libro moi sinxelo de comprender xa que non ten moitas complicacións no
vocabulario e moi rápido de ler debido a ese vocabulario coloquial. Non me gustou que
houbera páxinas que só tiñan a metade da páxina escrita ou só tiñan unha liña.
O final é o que máis me gustou de todo o libro debido a que non te esperas o que acontece e menos como Helena quere desfacerse do cadáver. Persoalmente, gustoume que o autor rompa coas historias con finais felices e engada outro tipo de final nas historias de amor.
Recomendaría este
libro a xente que lle guste as historias con personaxes con características
psicópatas (como no caso de a protagonista Helena no final).
Daniel
González Iglesias (4ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario