Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Uxía Beiras Rivas (3º ESO) e seu irmán e ex-alumno Tomás Beiras Rivas. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia
Castellanos
de Castilla
Castellanos
de Castilla,
Tratade
ben ós gallegos;
Cando
van, van como rosas,
Cando
vên, vên como negros.
Cando
foi, iba sorrindo;
Cando
veu, viña morrendo;
A
luciña d’os meus ollos,
O
amantiño do meu peito.
Aquel
máis que neve branco,
Aquel
de doçuras cheyo,
Aquel
por quen eu vivia
E
sin quen vivir non quero.
Foi
à Castilla por pan,
E
saramagos lle deron,
Déronlle
fel, por bebida,
Peniñas
por alimento.
Déronlle
en fin, canto amargo
Tén
a vida no seu seo....
¡Castellanos,
Castellanos!
Tendes
corazón de ferro.
Ay!
No meu corazonciño,
Xa
non pode haber contento,
Qu’está
de dolor ferido,
Qu’está
de loito cuberto.
Morreu
aquel qu’eu quería,
E,
para min, n’hai consuelo,
Sólo
hai para min, Castilla,
A
mala lei que che teño.
Premita
Dios, castellanos,
castellanos
que aborreso,
que
antes os gallegos morran,
que
ir a pedirvos sustento.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario