Para min este libro foi un continuo
misterio ata o final, xa que me quedaron moitas dúbidas por resolver.
Todo o libro é importante porque
cada capítulo tratábao dunha maneira diferente.
Houbo unhas frases do libro que me
namoraron:
-Porque ata os mundos que cremos
máis auténticos e nosos necesitan de vez en cando unha sacudida.
-¿Que renuncie a miña pel e me
vista de camuflaxe a xogo coa cor do mundo?
-Non me gustaría que o feito de
facerme adulta significase converterme noutra persoa ou deixar de pensar como
penso.
-Penso que debe haber moitos homes
que se non expresan os seus sentimentos non é porque non o sintán, senón porque
non están afeitos a facelo ou porque
está mal visto que o fagan.
-Porque ti guapiño es máis simple
có mecanismo dun bastón.
-As mans que guindan as pedras
adoitan ficar neses momentos máis agochadas ca nunca.
-Facer borrón e, pensándoo mellor, pasarse
o polvorón.
-Só o que pon verdadeira paixón e
capaz de apaixonar.
-¿Tanto lles custa ós homes falar
co corazón?
-Nunca imaxinaría que o sexo é o que nos puxo Deus ó crearnos para
diferenciarnos dos anxos.
Ademais faría algún cambio no libro,
pois o final desde que foron á casa do fontaneiro alí empezou a non gustarme e
facérseme complicado de ler.
No tocante á lingua, cando empecei
a ler o libro non me enteraba de nada, tiña palabras moi raras pero a medida
que foi avanzando fun comprendendo mellor o texto.
Alba Docampo Noya (3º PDC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario