Paréceme un libro moi interesante, emocionante, con moito suspense e no que nalgúns momentos chega a dar medo de verdade, atrápate completamente e non o podes deixar de ler.
Creo que o momento
máis importante do libro é cando Adrián atopa o libro da ilustración e comeza a decatarse de que a rapaza da imaxe se move, porque a historia e todo o
que acontece despois xira arredor desa imaxe.
O meu personaxe
favorito é Xabier, porque é moi aventureiro, pero sempre intenta estar fixo á
realidade e coa cabeza en completa orde. É moi xeneroso e axuda a todo o mundo
que precisa aínda que a súa vida estea en perigo.
Tamén me gustan
moito Adrián e Tareixa, aínda que Tareixa, nesta historia foi a que máis cabeza
tivo e a única que non acabou toleando e por iso a única que acaba ben.
Cambiaría o final,
porque para min non é axeitado porque quedas con moitas preguntas por contestar. E co bo
que é o libro o final podería acabar moitísimo mellor.
Non ten un
vocabulario nada difícil, eu entendino todo á perfección.
Laura Codesido Fernández (3º ESO)
O máis importante
de este libro foi cando Xabier entra na casa enmeigada e pensa que non pode
saír, xa que nese momento el decatouse de que a casa estaba enmeigada de
verdade. Ao mesmo tempo tamén me gustaban moito os momentos nos que Xabier tiña
moito medo pola noite e se poñía ás tantas da madrugada a
escribirlle cartas a Adrián, pero Adrián non llas lía porque non estaba na casa.
Este relato é moi
sinxelo de ler e sobre todo é moi intrigante xa que sempre tes ganas de saber o
que pasa despois de cada acción, de vez en cando ganas medo, por exemplo cando
sobe ao faiado a mirar o que había xa que tiñan un presentimento de que algo
había alí.
O final defraudoume
un pouco xa que pensaba que os ían a encontrar, pero non encontraron nada,
soamente encontrou a curmá de Adrián o libro polo que sucedera todo e era unha
cousa que a verdade non ma esperaba.
Este libro
recoméndovolo moito porque é axeitado para todas as idades e creo que lle pode
gustar a todo tipo de persoas.
Anxo Lamas Liste (3º ESO)
Arancha Rey Brea (3º ESO)
A min este libro gustoume bastante xa
que te intriga moito. Pero o que máis me gustou da narración foi que me fixese
darme conta de que os amigos reais son moi importantes, xa que cando o seu
amigo estaba en perigo el non dubidou nin un intre en ir axudalo e a arriscarse
a dar a súa vida se fose preciso.
A escena que máis me impactou, foi cando
Xabier levanta a trapela e o seu amigo dille que nin se lle ocorra ir a
rescatalo despois do que el vira aí abaixo, porque xa non o podía rescatar
ninguén, pero el aínda estaba a tempo de salvarse.
O personaxe que máis me gustou foi
Xabier xa que foi capaz de facer calquera cousa para axudar ao seu amigo, ata
dar a vida por el. Ensinounos que unha amizade pode ser para toda a vida, se
valoramos á outra persoa.
O final non me gustou moito, xa que non
me gustan moito os finais abertos.
Eu recoméndovos moito este libro porque
é sinxelo de ler e de entender.
Arancha Rey Brea (3º ESO)
Este libro gustoume moito porque desexas saber que lle pasa??, que lle ocorre?? encontrárono???
Esas
preguntas que te fas cando estás entusiasmada, ademais este relato é
de fantasía ou real porque isto podería pasar na realidade que che
fixeran unha broma sobre esa casa. Esta historia é interesante.
O
meu personaxe favorito é a irmá de Xavier porque se fai ver que é
aventureira e forte. Por ir a esa casa encantada, por non lle facer
caso a seu irmán e por loitar sempre no final da historia.
Os
personaxes mellores son os protagonistas: Adrián, Xavier e a irmá
porque son os que che fan o relato máis ameno, intrigante e
interesante, pois queres saber o que lles pasa.
A
situación que máis me gustou foi o momento que Tareixa (irmá de
Xavier) enfrontouse a ir a esa case e queimar o libro dos debuxos.
Neste
libro eu cambiaría unha cousa o final porque é un final aberto e
non sabes nada sobre os personaxes.
A
lingua é fácil de entender porque se non entendes unha palabra co contexto xa a entendes.
Nerea González Rey (3ª ESO)
Nerea González Rey (3ª ESO)
O título Cartas de inverno fai referencia a que a maioría da historia é contada mediante as cartas e a portada mostra a casa embruxada que comprou Adrián e na cal ocorre case todo na historia.
É una historia moi entretida, recomendo este libro porque aínda que sexa unha historia curta tanto os personaxes coma a trama referente á casa embruxada está bastante ben.
A parte que máis me gustou foi cando Adrián empezou a contar as súas experiencias paranormais na casa embruxada.
O meu personaxe favorito é o inspector Sotillo porque é o único que non fixo ningunha estupidez en todo o libro.
O final pareceume algo apresurado xa que foi chegar Teresa e o Inspector á casa embruxada, encontrar o libro co retrato da rapaza queimalo e xa está.
O vocabulario non é difícil de entender na maioría dos casos e recomendo abertamente a súa lectura se che gustan os libros de misterio.
Marcos Conde Delgado (3º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que me pareceu moi interesante, con moito suspense e que te atrapa completamente e non o podes deixar de ler ata chegar ao final e descubrir todo o que está a pasar.
É una historia moi entretida, recomendo este libro porque aínda que sexa unha historia curta tanto os personaxes coma a trama referente á casa embruxada está bastante ben.
A parte que máis me gustou foi cando Adrián empezou a contar as súas experiencias paranormais na casa embruxada.
O meu personaxe favorito é o inspector Sotillo porque é o único que non fixo ningunha estupidez en todo o libro.
O final pareceume algo apresurado xa que foi chegar Teresa e o Inspector á casa embruxada, encontrar o libro co retrato da rapaza queimalo e xa está.
O vocabulario non é difícil de entender na maioría dos casos e recomendo abertamente a súa lectura se che gustan os libros de misterio.
Marcos Conde Delgado (3º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que me pareceu moi interesante, con moito suspense e que te atrapa completamente e non o podes deixar de ler ata chegar ao final e descubrir todo o que está a pasar.
Na
miña opinión, o momento máis importante do libro é cando Adrián
atopa aquel estraño libro e empeza a decatarse de que a imaxe da
rapaza comeza a mudar de posición co paso do tempo. Paréceme o máis
importante xa que o relato ten moito que ver coa imaxe.
O
meu persoaxe favorito é Adrián, xa que me gustou moito a súa
personalidade. É moi aventureiro e valente, a pesar de todos os
sucesos que lle estaban a acontecer, el non perdeu a cabeza nin a
calma e tentou chegar ata o fondo daquel misterio que tanto o
inquietaba.
Cambiaría
o final xa que me defraudou un pouco, esperaba outro desenvolvemento
da historia, xa que me pareceu que che deixa con moitas preguntas por
responder na cabeza, e paréceme que se fose un final máis claro
quedaría mellor acorde co libro.
O
vocabulario non era complicado, era moi doado de entender.
Gabriella
González Lamas (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario