Ola! O meu nome é Paula, e vouvos falar
do libro Rapazas, do escritor galego
Agustín Fernández Paz. Este libro recolle seis relatos moi entretidos, que o
único que teñen en común é que as personaxes principais son mozas adolescentes
que narran algo que lles aconteceu.
Para comezar, imos falar dos personaxes. A miña personaxe preferida é Ana (do
relato Un curso con Ana). Paréceme
unha moza moi valente e forte, en xeral, gústame como presenta a súa forma de
ser e como sendo ela mesma deixa esa esencia no colexio ao marcharen.
Persoalmente, o relato que máis me gustou foi o derradeiro, Dúas rosas murchas. Creo que é o que
máis sentimentos remove e o que máis che fai pensar.
En canto aos finais, hai de todo, pero o que máis me gustou segue sendo o do
derradeiro libro. É un final aberto que non me esperaba en absoluto.
En canto ao vocabulario, emprega xeralmente un vocabulario sinxelo e de fácil
compresión.
Agora, só dicirvos que é un libro entretido e moi rápido de ler, polo que vos
animo a facelo!
Paula Noya Redondo (3º ESO)
Rapazas é un libro
que fala delas, das rapazas. En todas as historias é protagonista unha rapaza e
cada unha fala dun tema que fai dano na realidade, machismo, racismo, desamor.
Hai moitos relatos, o meu preferido é un no que unha rapaza foi á casa da súa
avoa. Un día foi ó mercado e a rapaza acercouse a un vendedor africano, o cal
lle chamou á atención á avoa, xa que non lle pareceu ben. Á rapaza isto
chamoulle á atención. É o meu relato preferido e tamén á rapaza é o meu personaxe
favorito.
En xeral, o libro
está ben pero tampouco me gustou tanto coma outros deste autor. Non me
enganchou nada, ó ser varias historias e a maioría non tiña final, que é a
cousa que menos me gusta do libro.
A lingua é complexa pero está ben.
Non é un
libro que volvería a ler pero mostra bastante ben cousas que non deberíamos
xulgar, como é o caso do racismo. Se o ledes, espero
que o desfrutedes.
Alba Rey Brea (3º ESO)
Adrián Esmorís Noya (3ºESO)
O libro Rapazas,
relata diferentes historias de distintas rapazas que contan cada unha algo da
súa vida. O momento máis importante do libro, en miña opinión é cando comezan
as historias porque é cando ves as diferentes situacións de cada unha e onde se
sitúan na súa vida.
As personaxes son entretidas pero non son as típicas
personaxes que enganchan dende o primeiro momento aínda así están en xeral ben
pero o que non entendo é que a primeira rapaza Xntl... (nome inventado) non lle
vexo importancia, xa que a min pareceume que foi unha escusa para poder contar o que lle sucedía a unha rapaza.
A miña personaxe
preferida foi Carmen, a última rapaza da historia, pareceume entretida e pode que
sexa unha das personaxes que máis representan a nosa actualidade.
Sobre o final
esperaba que puxese as vidas das rapazas en común e non rematase de súpeto.
A lingua é fácil de
comprender e en xeral eu non lle faría cambios, recomendo este libro.
Mirian Otero Sande (3º ESO)
Ola, son Adrián, e
vou facer unha pequena valoración persoal sobre o libro Rapazas. A min gustoume
moito este libro polo que relata no seu contido durante a historia.
O momento que máis me gustou do libro é cando chega a escola e fala o titor e di o que teñen que traer os alumnos e
só dixo alumnos e Ana díxolle que as rapazas que traian porque só dixera os
rapaces e dixo o titor que rapaces era xenérico e valía para os dous xéneros
masculinos e feminino e Ana seguía coa súa idea na cabeza e non lle daba a razón
A min o tema pareceume moi interesante porque fala de moitas cousas.
Os personaxes que máis me gustaron foron Raquel, Ana e Marta por como son eles e
o que menos me gustou foi o titor porque el seguía coa súa opinión e non
cambiaba e parecía moi serio.
Pois eu recomendaría moito este libro xa que a min gustoume moito e
gustaríalle a moita máis xente porque ten diferentes historias.
Adrián Esmorís Noya (3ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario