Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 21 de novembro de 2018

Andel de Libros (II): O gardián invisible, de Dolores Redondo



Ola! Chámome Paula, e vouvos a falar do libro O gardián invisible, de Dolores Redondo. Un relato moi entretido que recolle o misterio de numerosos asasinatos, e unha pequena parte de mitoloxía navarra, así como unha historia de amor, familiar.

Para comezar, imos falar dos personaxes. O meu personaxe preferido é Amaia Salazar, a protagonista, unha muller nova de moito criterio. Pero tamén me gusta moito o personaxe da tía desta, Engrasi, unha señora que ten moito que contar.

Persoalmente, atopo moi difícil escoller un momento con importancia destacada, pero se é necesario eu decantaríame por cando se narra o momento no que Amaia case é asasinada pola súa nai.

O final, é aberto, dado que o libro é a primeira parte dunha triloxía, O Baztán. Aínda así, gustoume moito porque non mo esperaba en absoluto.

En canto ao vocabulario, emprega unha fala moi sinxela de fácil comprensión.

E agora, só me queda dicirvos que a min me gustou moito este libro, e que vos recomendo moito que o leades. Espero que vos gustase!

Paula Noya Redondo (3º ESO)


Ola a tod@s, aquí vouvos a falar do que me pareceu o libro titulado O gardián invisible de Dolores Redondo.

Primeiro vouvos  a falar un pouco dos personaxes. O meu personaxe favorito é James Westford o home de Amaia Salazar, sen embargo o personaxe que menos me gustou foi Flora Salazar, a irmá maior de Amaia, xa que parece que só ten maldade no seu interior.

O final desta novela é aberto, debido a que esta novela é a primeira obra da triloxía “O Baztán”.

Persoalmente creo que é un libro ameno de ler, de fácil compresión.

Un libro entretido que engancha dende o primeiro momento grazas á mestura de investigación criminal, tramas familiares e a mitoloxía.

Unha obra contada de forma excelente, con xiros continuos que te confunden á hora de visualizar o culpábel.

Por último só teño que agregar que  se sodes unha desas persoas ás que lles gustan as historias de intriga, misterio e policíacas este é o voso libro!

Leticia Añón Guerra (3º ESO)


Ola, chámome Ahinoa e hoxe vouvos falar do libro O gardián invisible, unha obra de Dolores Redondo. Un relato moi entretido e que engancha moito. Forma parte dunha triloxía chamada O Batzán.

O meu personaxe favorito é Amaia Salazar xa que unha muller forte e decidida, tamén me gusta moito Ros porque me parece moi boa e moi inocente. Odio a Flora xa que me parece unha persoa malvada e moi rancorosa.

O tema do libro é moi emocionante e interesante, xa que vai sobre crimes, enganos e o amor dunha familia. Tamén mestura co contido dos libros a mitoloxía vasca, cousa que a min non me gustou moito, porque esas partes parécenme moi aburridas.

Para min o momento máis importante é cando descobren quen é o asasino xa que non me esperaba para nada que fora esa persoa, e vós tampouco volo esperaredes.

Non faría ningún cambio no final xa que me parece moi axeitado.

Por último o vocabulario parece moi sinxelo e fácil de comprender.

Só me falta dicirvos que este libro encantoume, e recoméndovolo moitísimo. Espero que vos guste!

Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)

Ningún comentario: