Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 20 de abril de 2021

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Lucía Parente Miramontes, nai de Raúl Ferreira Parente

 

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Lucía Parente Miramontes, nai de Raúl Ferreira Parente (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021. 

Campanas de Bastabales 

Campanas de Bastabales, 

cando vos oio tocar, 

mórrome de soidades

Cando vos oio tocar, 

campaniñas, campaniñas, 

sin querer torno a chorar. 

 

Cando de lonxe vos oio, 

penso que por min chamades, 

e das entrañas me doio. 

 

Dóiome de dor ferida, 

que antes tiña vida enteira 

i hoxe teño media vida. 

 

Sólo media me deixaron 

os que de aló me trouxeron, 

os que de aló me roubaron. 

 

Non me roubaron, traidores, 

¡ai!, uns amores toliños, 

¡ai!, uns toliños amores. 

 

Que os amores xa fuxiron, 

as soidades viñeron... 

De pena me consumiron.

No hay comentarios: