Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 5 de xuño de 2013

Andel de Libros (LIV): Ciclo Bis, de David Durán


Ciclo Bis, David Durán, Sotelo Blanco

Persoalmente o libro gustoume moito. A historia engancha, porque tes ganas de saber que pasa ao final con Xulio e con Xulia.
Unha das cousas que máis me gustou do libro é que é moi divertido e tamén me gustou porque ao mesmo tempo que vas lendo vas aprendendo cousas, por exemplo, cando fala dos métodos anticonceptivos e así.
O personaxe que máis me gustou foi Xulia, porque se preocupou de buscar información para saber máis e de que lle saíran as cousas como ela queria. E a parte que máis me gustou do libro é cando Xulia non se decide entre quedar de rapaza ou dicirlle á xenia que quere ser rapaz. Pero gustoume a súa decisión, eu tamén quedaría como rapaza, xa levo pasados 14 anos, e creo que tamén lle tería algo de medo ao cambio.
O libro enténdese ben, non ten palabras moi complicadas. En resume gustoume o libro.
Marta Otero Ramas (3º ESO)

O ciclo bis a min realmente gustoume moito, penso que é un libro moi fácil de ler e entretido. Os personaxes gústanme moito, creo que reflicte bastante ben como somos os adolescentes na nosa vida cotiá. O único que cambiaría sería o do principio xa que fala ela cando tiña dezaseis anos, é dicir, xa sabes o que vai pasar ao final ou intuelo. Iso quítache un pouco de intriga á hora de ler pero polo demais gustoume moito e opino que é un libro moi fácil de ler e sentinme indentificada aveces con algúns pensamentos da rapaza. Persoalmente a parte que máis me gustou foi o momento no que aparece a xenia, non me imaxinaba que ía ser así, foi bastante sorprendente e nese momento do libro tamen se aprecia algo que me gusta del que é ese punto de gracia que ten. Faino moi entretido e dinámico á hora de ler. Ademais ten un vocabulario moi sinxelo. A verdade recomendo este libro.

Raquel Sande Rodríguez (3º ESO)

A miña valoración persoal para este libro é moi positiva, porque divertiume e gustoume moito.
Claramente, este é un dos mellores libros que lin ata agora. Porque é moi fácil de ler e enténdese moi ben. Nunca sabes o que vai pasar no capítulo seguinte e hai cousas verdadeiramente sorprendentes, como a posibilidade de cambiar de sexo co só tocar dúas veces o teu aparato reprodutor.
E unha das parte que máis me gustou do libro foi o final, cando Xulia lle dixo á Xenia da menstruación que prefería seguir sendo rapaza. Que aínda que había que sufrir polas dores da regra, non cambiaría nunca as experiencias de ser muller polas de ser home.
Cando lin a sinopse do libro xa me pareceu moi divertido. E creo que unha das mellores cousas que ten este libro é que ten moitas realidades dos adolescentes, polos que nos fai moita graza.
En resumo, que este libro é boísimo e moi divertido e que o recomendaría para ler a calquera alumno da ESO.

Belén García Lijó (3º ESO)

Ningún comentario: