Ainhoa Leis Ríos (3º ESO) achéganos a gravación de “¡Follas novas!, risa dáme”, poema V das “Vaguedás” de Follas Novas, na súa voz e na de seu curmán Xián Leis García (10 anos). CPI Viaño Pequeno.
#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia
V ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal se a unha moura ben moura branca lle oise chamar. Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas, coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís... ¡Se na gándara brotades, como non serés así!
Ningún comentario:
Publicar un comentario