Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas, Galaxia
Laura Moar Iglesias (4º ESO)
Damián Muíño Bello (4º ESO)
Si que me gustou o libro, xa o lera fai uns anos, e creo que é un libro con moita sona.
Por outra parte paréceme moi entretido e real, porque penso que a vida de moitos rapaces de antes era así, no sentido de que seu pai lle pegaba ou que tiñan que andar de loito cando lle morría un familiar.
Poñéndome no sitio do rapaz dáme bastante pena porque non tiña amigos, so Lelo, e Pachín que termina morrendo.
Como parte que máis me gustou quédome co final cando seu irmán lle manda a carta que tanto levaba esperando contándolle as cousas que lle sucedían en América.
Foime fácil de entender, ten un vocabulario simple, pero en lugar de facer o libro por capítulos, faríao todo seguido.
A min este libro gustoume moito en todos os aspectos.
Recoméndolle á xente de todas as idades que lean
este libro xa que é un libro moi sinxelo de ler e cunha historia bonita e
interesante.
Se teño que elexir a escea que mais me gustou, pois
non sabería cal escoller, xa que todas me gustaron moito, pero se elixo unha
esta sería cando ao rapaz, Balbino, lle morrerra o seu tío, e o rapaz púxerase
a pensar en que a nosa vida tiña moito que ver co que estudara na escola sobre
curso do río. Porque o río nace e co paso do tempo ese río vai acabar
desembocando no mar, para nós as persoas ese mar e a morte.
O bo deste libro é que á parte de ter unha bonita
hitoria, que ten momentos que te fan reflexionar ou mismamente que te transportan
a esa época e así desfrutas máis da historia que simplemente léndoa.
Laura Moar Iglesias (4º ESO)
Este libro, Memorias dun neno labrego,
gustoume moito xa que representa perfectamente nun libro a vida nas aldeas e a
pobreza no século XX, contada por Balbino que é un rapaz que o que máis desexa
é saír el e sacar a seus pais da pobreza.
Nesta historia non só contaría a vida de Balbino ata os dezaoito anos,
senón que tamén contaría a vida de Lelo para comparala coa do protagonista e
contar a vida del, un pouco máis resumida ata despois de casar, no caso de
facelo, ou ter fillos.
As escenas máis importantes para min son na que morre o padriño, xa que era
unha das persoas máis importantes para Balbino porque lle ensinaba moitas
cousas e axudáballe a ser mellor persoa e nun futuro un mellor home. Logo tamén
na que lle tira unha pedra a Manolito, o rapaz que sempre se metía con Balbino,
e botárono da aldea tendo que cambiar toda a súa vida e pasar a servir nunha
casa.
Si que me gustou o libro, xa o lera fai uns anos, e creo que é un libro con moita sona.
Por outra parte paréceme moi entretido e real, porque penso que a vida de moitos rapaces de antes era así, no sentido de que seu pai lle pegaba ou que tiñan que andar de loito cando lle morría un familiar.
Poñéndome no sitio do rapaz dáme bastante pena porque non tiña amigos, so Lelo, e Pachín que termina morrendo.
Como parte que máis me gustou quédome co final cando seu irmán lle manda a carta que tanto levaba esperando contándolle as cousas que lle sucedían en América.
Foime fácil de entender, ten un vocabulario simple, pero en lugar de facer o libro por capítulos, faríao todo seguido.
Marta
Otero Ramas (4º ESO)
Este
é un libro moi
doado de ler, cunha historia fácil de comprender e que
en certo
modo ten engancha. A verdade,
e que esta é a segunda vez que o leo, e desta case que me gustou máis cá primeira.
Esta vez lino dunha
maneira mais obxectiva e non coma un simple traballo. Encontreille significado a certas historias tan tenras que conta. Tentei imaxinar cada xesto dos personaxes as presión, e a verdade e que foi mais doado meterme na lectura.
É un libro para ler pensado no que se le fixándose en cada detalle tan significativo,
como dixen
antes é un libro doado
de ler si, pero non
por iso
debemos prestar menos importancia a historia, os seus personaxes ou o seu contido. Recoméndoo, vale a pena lelo, reflicte moi ben as situacións da xente do campo en Galicia na época dos nosos avós que nos parece moi afastada cousa na que nos enganamos. É interesante poder
saber mediante contos coma este cousas
que os nosos
propios avós
viviron. Definitivamente o recomendo.
Raquel Sande
Rodríguez (4º ESO)
Foi un libro que persoalmente me gustou moito xa que
reflicte principalmente as necesidades que pasan algunhas persoas para poder
saír adiante na vida. A familia de Balbino é todo un exemplo de superación.
Recoméndolle ler o libro a calquera persoa interesada en saber o que de verdade
é pasar esforzos na vida, e a aqueles que pensan que é necesario todo o que
teñen para poder saír adiante.
O momento da historia que máis me gustou foi
cando Lelo lle axudou a Balbino das correntes do río, e grazas a iso se fixeron
mellores amigos. Aínda así tampouco é a mellor maneira de empezar unha
relación.
Tamén cambiaría o momento no que o señor lle ordena ao pai de Balbino
que lle zoupe ó seu fillo coa corda no lombo, xa que un rapaz non debe ser
escravo de ninguén, e moito menos de seu pai.
Tamén cambiaría o momento no que o
día da morte do padriño de Balbino, todos estaban rezando na cociña, xa que me
parece un momento bastante forte para que o viva un neno como era Balbino.
Esteban Becerra Varela (4º ESO)
Este
libro é moi bonito, sobre todo sabendo que está baseado nunha
historia real. Relata a
historia dun neno pobre da aldea que o único que fai é axudarlle
aos seus pais nos traballos
da casa, nin sequera pode ir ao colexio, xa que anos atrás, os
mestres pegábanlle ós
alumnos sen motivos algúns.
Narra
o momento no que os mozos tiñan que marchar a América para
conseguir algúns cartos,
xa que aquí non había moitos recursos.
Tamén
conta que cando morría un ser querido, foras nenos ou ancián,
tiñas que vestir de negro
e non ir ás festas da parroquia e dos arredores durante uns dous ou
tres anos.
Para
min, este libro é un dos libros que volvería a ler, xa que é moi
bonito e a historia é bastante
triste.
Belén
García Lijó (4º ESO)
Para min é o libro que até agora máis me gustou, é máis, non lle cambiaría nin lle modificaría nada.
A historia está ambientada na época da emigración transoceánica, cando os galegos emigraban a América porque aquí había unha pobreza enorme (economicamente, tanto, que miles de galegos emigraban aínda que non souberan se, tan sequera, sobrevivirán, antes de chegar aos destinos que os capitáns dos barcos tiñan pensado atracar. Esta obra foi escrita en Cuba polo que “estaba baseada en feitos reais”.
Quero deixar ben claro que é o ÚNICO libro ao que non lle modificaría nin o final.
Persoalmente penso que hai que pensar no futuro pero sen esquecer as orixes, e esta obra é un claro exemplo no que a poboación, neste caso galega (podía ser de calquera lugar), tivo que superar para chegar ao día a día no que vivimos actualmente.
E recoméndovos esta lectura, con toda seguridade e certeza creo que vos gustará. Se fose así xa mo contaredes. Isto é todo, deica logo.
Miguel
Rey Viqueira (4º ESO)
A min este libro foime moi fácil de ler e tamén fácil de entender. O libro gustoume moito xa que conta a historia, lembranzas, aventuras que lle suceden a un neno labrego coma nós.
A min pareceume moi interesante porque case sempre temos algo que contar e como non temos a quen contarllo collemos un boli e un caderno e comezamos a escribir as emocións, cavilacións que temos. No meu caso eu teño a quen contarllo pero case sempre a xente dálle vergoña e por iso teñen os diarios que para min o libro deste neno (Balbino) é como un diario. Nel sempre se poderán escribir as cousas que queiras, mal de amores, sucesos emotivos, alegres, etc. Aínda que é mellor unha persoa na que confíes para contarlle todo isto e que che axude en todo momento e que se necesitas chorar que faga do teu paño de bágoas e tamén se necesitas facer loucuras que as faga contigo e que non te deixe soa baixo ningún concepto, porque iso é o mellor que lle pode suceder a unha persoa.
Alba Pumar Muíño (4º ESO)
Este libro en xeral gustoume moito porque fala da
aldea e eu, como son da aldea, gústanme tamén as cousas que nela hai e ademais
é un rapaz que se parece moito a min porque eu tamén teño vacas e tamén vivo
cerca dun río e gústame ir andar por ali, pola beira do rio, e síntome
identificado con el.
Gustoume este libro en xeral, eu logo o lin, é fácil
de ler ten algunhas palabas que non se entenden pero en xeral enténdese moi
ben.
A min o que non me gustou nada foi cando morreu o seu can polo veneno, e tampouco non me gustou non saber o que había naquela caixiña que el atopara, e tampouco me gustou que o seu único amigo marchara para América.
Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)
A min este libro gustoume moito. É un dos libros que
máis me gustou entre todos os libros que lin en galego. Que eu recorde é o
primeiro libro que leo de Xosé Neira Vilas.
Neste libro, polo menos no principio, pódese ver
como era antes a vida no medio rural. Isto reflíctese moi ben na forma de vida
que ten e que ten que seguir Balbino. Outro tema que se mostra neste libro é a
emigración a América.
A min o tema deste libro pareceume interesante xa que con
el aprendín moitas máis cousas das que esperaba e ademais, por outra parte o
tema deste libro, nalgúns momentos pareceume triste, como por exemplo: cando
dicía Balbino que era pobre, cando lle pegaban, cando Manolito insultaba a
Balbino...
Aínda que este libro me gustou moito eu faría un cambio. Eu cambiaría
os momentos nos que Manolito insulta a Balbino e nos que lle pegan a Balbino.
É
un libro fácil de ler. A linguaxe é bastante fácil de entender pero houbo moitas
palabras que non entendín.
Marta Veiras Noya (3º ESO)
A min este
libro gustoume moito especialmente porque conta a historia dun neno pobre e que
ten que loitar para conseguir o que quere. Eu este libro tiña moitas ganas de
lelo xa que meu primo me falara del e me dixera que estaba moi ben e que a el
lle gustara moito.
Paréceme
unha historia moi ben contada xa que ten momentos alegres e momentos tristes.
O momento
máis importante da historia para min foi cando morreu o padriño de Balbino xa
que é un dos momentos máis tristes da historia, e pareceume moi bonita.
Eu non faría
ningún cambio xa que está ben así.
A lingua
pareceume fácil de entender aínda que había algunhas palabras que non entendía.
1 comentario:
Ese libro teñoo eu!
Publicar un comentario