Gustoume
moito este libro. Para min, o momento máis importante é o comezo do
namoramento entre Moncho e Carlota. Carlota, cambia totalmente de
forma de pensar, e de actuar durante este acto. Pasou de agocharse e
non querer ir á escola, e, moito menos relacionarse coa xente, a
querer ir de moi boa gana. Mentres non lle medrara o cabelo, tiña
moi claro que non ía ensinar a súa cabeza, ata que coa confianza
con Moncho o fixo.
Neste libro pódese ver que cando alguien te
quere, podes chegar a facer cousas que se estiveras noutra situación
non as farías.
A min, persoalmente, gustoume moito, paréceme moi
interesante. Despois o que si, de cambios faría un final novo. Por
exemplo que a avoa vivise máis aínda que tivera esa enfermidade. É
moi aberto e quedas coa intriga de saber o que vai pasar, aínda que
o supós.
A lingua pareceume moi fácil de entender. Do tema do
escrito, hai moitas veces que faltan puntos, hai maiúsculas pero
faltan os puntos (pasa varias veces ao longo do libro).
Recomendo
este libro, e sobretodo á xente que lle gusten os finais abertos ou
os namoramentos. Ademais isto pásalle a unha rapaza case da nosa
idade, pois está no bacharelato. E pensando un pouco, quen sabe o
que pode pasar de aquí a alá? Ao mellor todo isto pódelle pasar a
calquera.
Tania Villasenín Bello (3º ESO)
Paula Lema Domínguez (3º ESO)
María Gigirey Iglesias (3º ESO)
A min este libro gustoume moito porque trata temas que che pasan na
adolescencia como ter complexos polo teu físico, no caso de Carlota rapáronlle
a cabeza por un eccema e por iso acontecen todos os momentos do relato que
están relacionados con iso, tanto bos como malos, porque aínda que se metesen con
ela acabou saíndo con Moncho.
Pareceume un libro moi interesante porque coa
morte de Poch Carlota fala da música que se escoitaba antes e os grupos que había
e tamén ten humor por exemplo cando fala
a profesora de ciencias.
O libro conta os problemas que soe haber nas clases
cos profesores como á hora de poñer as datar dos exames.
A lingua paréceme
axeitada e está ben escrito. En xeral está moi ben pero o final cambiaríao
porque a min o personaxe da avoa gustábame moito porque entendía a Carlota
cando ninguén máis o facía.
Eu recomendaría este libro porque empatizas con
Carlota e entendes o complicado que é ir á clase cunha enfermidade coma esa.
Paula Lema Domínguez (3º ESO)
A min este libro
gustoume moito. A trama era boa, e a autora parece que se puxera na pel da
protagonista, xa que para min contou moi ben as cousas que lle pasaban a Carlota dende o seu punto de vista.
Gustoume que falara dos prexuízos e
dos problemas dos adolescentes, e tamén fala dunha enfermidade coa que hai que
raparse o pelo, e como loita contra ela.
Ademais este relato é moi doado de
ler, xa que a lingua é moi fácil de entender, porque o vocabulario non é nada
enrevesado.
O máis importante para min, é cando Carlota lle conta iso da Banda
sen Futuro a Moncho, xa que con iso el namorouse da protagonista.
Recomendo
esta lectura xa que empezas a poñerte na pel de Carlota e pensas como sería ter
unha enfermidade deste tipo. Ademais esta escritora encántame como escribe e
como se mete na cabeza dos personaxes, e escribes contos moi raros e a min
encántanme este tipo de libros, aínda que este relato é un dos máis normais que
lin desta escritoras.
María Gigirey Iglesias (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario