O momento máis
importante é cando atopa a David, pois é o final e onde se descobre quen é
realmente o asasino dos membros do G-12. Por outra banda, o tema é de interese,
misterio e de reflexión tamén.
Non faría ningún cambio, faiche reflexionar
sobre moitas cousas, como por exemplo, o sentido da vida, quen somos, porque
estamos no mundo, a onde imos chegar, quen imos ser ou como se vai destruír o
universo.
Eu, paseino mal lendo este libro, e non porque non me gustara, que me
gustou moito, senón porque faite reflexionar ata o punto de que che dan
calofríos e te pos pálida, ou polo menos a min, pasoume.
Ten un vocabulario
bastante sinxelo, aínda que faltoume unha cousa: Sempre dicían que David falaba o
euroinglés, porén, no libro escribíano en galego, gustaríame moito máis
que fixeran intervencións de David con Brenda ou de Sara con Walter falando ese
idioma tan raro e moderno.
Entón, se queredes reflexionar sobre o sentido da
vida, se queredes facervos unha idea de como será o mundo nuns anos, lédeo,
100% RECOMENDADO!
Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario