O momento mais importante para min foi
cando Adebe se decatou de que Salomon non era un neno, senón que era Genet
facéndose pasar por un neno. Reflicte a sociedade machista que hai e que xa
había por aqueles tempos.
O tema que trata está bastante ben, expresa que xa
dende pequenas as mulleres teñen que aguantar moitas actitudes machistas, pero
pola contra este libro tamén amosa outra parte na que as mulleres tamén se
poden facer oco en grandes competicións e chegar a ser algo importantes na vida
como o conseguiu Genet pouco a pouco, e grazas a iso conseguiu saír
a diante e poder adicarse ao que máis lle gustaba que era correr, que para ela
era unha función vital.
Persoalmente este libro non sería dos que máis recomendaría
para ler, xa que é moi curto e algo estraño a maneira como conta a autora
toda a historia, pero aínda así o libro non me desagradou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario