A min gustoume moito este libro porque
fala de animais e ao mesmo tempo fala da vida dunha persoa que seus
pais se separaron, ela non o entende ao principio porque non lle
explican pero despois cando lle dixeron o porqué xa o entendeu. Esa parte da obra é o momento máis entretido de todo o libro.
Para min o
momento máis importante do libro é cando lle morre o avó porque
ela ao vivir cos seus avós estaba moi unida a el e cando morreu
estaba moi triste.
Os personaxes máis importantes son Degolado e o avó porque son os que máis se mostraban no libro e os
que máis participaban.
Eu cambiaríalle unha soa cousa do
libro que el cando está mal pois fala cunha rapaza a través da
internet que non lle axuda con nada, só o entristece máis.
Recomendaría este libro porque ten unha lingua moi fácil de
entender e ademais é moi entretido de ler porque ocorre un pouco de
todo e ademais a quen lle gustan os animais fala de aves e hai unha
historia moi divertida no libro cun paxaro.
Vannia Antelo Iglesias (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario