Gustoume este
libro porque me parece bastante orixinal aínda que sexa baseado noutra
historia. O momento que máis me gustou foi cando xusto ao final Hamlet lle dá a
entender a Polo que a partir de ese momento xa pode entrar o vento no castelo
de Elsinor, pois para min simboliza que agora, aínda que só sexa por ese momento (pois logo dá a entender que se suicida), Hamlet é Rei.
E un momento que cambiaría
do libro é cando Gerda fala con Hamlet de casar con el, pois
paréceme moi desagradable (é súa propia nai), nese momento móstrase quen é en
realidade esa muller: alguén que faría o que fose necesario para conseguir o
que desexe, ata casar co seu fillo de sangue.
Penso que estaría ben que nalgún
momento aparecese unha escena na que aparecera o Rei Vello falando (como se
fora un recordo dalgún dos personaxes). E tamén me gustaría que se lle dera
máis importancia ao papel de Ofelia na obra, xa que é unha persoa coa que
Hamlet ten moito que ver.
Olaya Dubra Boquete (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario