Veladas indecentes é un libro que fala da indecencia como indica o título. As obras están escritas con moita liberdade, son
imaxinativas e ao mesmo tempo orixinais.
Gustoume moito a "Velada de Londres", porque é un lance breve pero
fascinante no que a imaxinación chega ata Drácula. É surrealista pero ten algo
que te engancha.
O personaxe que máis me gustou foi Míster Peaboy que
estaba metido en todos os enredos e culpábano da venda doas edificios, era o que
lle gustaba a todos e a todos. O segundo que máis me gustou foi Harker porque
estaba posuído por Drácula e non quería facer o amor coa súa esposa.
Este libro é moi bo de ler, aínda que a min persoalmente non adoitan gustarme os libros teatrais, porque para min son envolventes e aburridos, pero este gustoume, pois ten un aire de misterio no que está reflectida a realidade de tódolos dias.
Recomendaríallo a calquera persoa á que lle gusten os
libros de teatro.
Brais Bouzas
Leis (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario