A parte que máis me gustou desta obra foi cando chega Luísa da viaxe e
ve que súa irmá acababa de matar ao seu mozo e non fai nada nin a denuncia e
lle axuda a cortalo en anacos para tiralo ao contedor e como se non pasara
nada.
Este libro gustoume pero tampouco demasiado. Está todo moi ben pero penso que debería contar máis cousas.
Non lle faría ningún cambio agás que igual lle metía algunha máis palla
polo medio contando algunha historia que lle acontecese en vez de centrarse
tanto en Nico.
O libro é moi fácil de ler e ten un vocabulario moi fácil e
ademais lese en pouco tempo xa que é teatro. Gustoume que fora un texto teatral
xa que é un dos primeiros aínda que leo e non está nada mal.
Eu recoméndoo
porque aínda que penso que o final lle
dá un cambio radical ao resto da historia e nunca me esperaba algo así, pasei
un bo anaco léndoo.
Fernando José Couselo Noya (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario