O momento que máis me gustou foi cando
Steven foi ao supermercado a comprar as 6 botellas de vodka que lle obrigara o
seu amigo Tony, porque el ía comprar cervexas. El colleu as botellas de vodka,
para que non llas vira súa nai no carro, colleu 25 paquetes de patacas fritas e
púxoas encima.
Outro momento que me gustou, foi cando Jerry e David foron a
comisaría porque estaban facendo o parvo deitados na estrada, e a policía lle
colleu a Jerry o seu paquetiño con follas.
O libro interesoume moito, porque me
gustou o tema do que ía a historia e de todas as parvadas que facían os
rapaces.
A lingua é sinxela e o vocabulario é fácil de entender, porque o libro
lese ben e de moi boa gana.
Recomendaríalle este libro á xente, porque pásalo
moi ben lendo nel, e a lingua non ten dificultades. É moi gracioso e real.
Identifícome moito con el. Estou de acordo coa maioría dos rapaces.
Lydia Rey Varela (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario