O momento máis
importante para min é cando Irene se dá conta do que está a ocorrer e tamén cando lle contan a morte dos gatos á amiga de Irene porque gústame como
describe a situación que ocorre na escena.
Para min este é o momento que
máis intriga dá de toda a historia e tes ganas de saber que vai ocorrer pero
polo resto nada hai máis interesante.
Opino que este
libro non me gustou nada, porque o final non o entendo nada, eu cambiaríalle todo
o final e poñería algunhas mortes sanguentas e estrañas de persoas, porque creo
que iso faría o libro moito máis interesante e emocionante e metería máis
intriga.
A lingua polo xeral
é fácil de entender pero hai algunha palabra ao comezo do libro que é un pouco
difícil de entender pero polo resto enténdese fácil.
Eu non recomendaría este
libro a rapaces e rapazas menores de 16 anos porque creo que non comprenderían nada a historia e non lles gustaría nada e pasaríalles coma min.
Jennifer Parente Pena (3º ESO)
A verdade non me gustou nada, porque non entendín case nada o que contaba. Incluso do final non pillei moito. Para min foi moi díficil de entender, incluso tiven que o ler unhas cantas veces para pillar o sentido.
Foi un pouco estilo clásico e fantasioso. O final, ou se cadra non o entendín ben, foi un pouco interesante. Talvez o único que me chamaba a atención, porque foi algo chochante, era que no principio dicía
que as páxinas que vía Irene que estaban en branco e despois estaban escritas pero relatando en forma lírica o sucedido e que ocurria durantes esas semanas.
E do final non sei que cambiar porque non sei que acontece coa rapaza. Debería escoller outro libro, non o recomendo para nada. O autor escribía de unha maneira moi culta e algunhas veces misteriosa, para min as veces que o pillaba, nalgunhas partes estaba algo interesante.
En definitiva, a min non me vai moito este libro porque foi díficil de comprender.
Eduarda Andrade Marinho (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario