Para min o momento máis importante é
cando Toño e Tamboril descobren os sacos
de cebolas porque aí móstrase a agudeza e a responsabilidade de ambos e é un
momento moi divertido e entretido.
Ten un final claro pero un pouco aburrido pois non ocorre nada de gran
importancia simplemente Lelo marcha vivir a Montevideo, eu engadiríalle algo
que deixara ao público esperando por un seguinte libro como ocorre en Memorias
dun neno labrego.
O desenvolvemento é axeitado pois non é nada rápido pero tampouco se queda curto.
A linguaxe é un pouco complexa pois
conta con moitas palabras relacionadas coa agricultura que actualmente non se
utilizan.
En xeral creo que é interesante e que
mostra moi ben a dura pero divertida vida dos rapaces nos anos sesenta é por
iso que recomendo este relato a todo o público pero en especial ás persoas
interesadas no mundo labrego.
Alba López González (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario