Para min este libro
foi dos mellores que lin porque é unha novela que che ensina como é a vida sen
rodeos. A vida de dous protagonistas tan diferentes como o día e a noite. Conta
dúas vidas dende diferentes perspectivas na que a emigración é o máis
importante aínda que neste caso foi sen éxito ningún. pero eles a pesar de
todas as complicacións intentárono sempre.
O mellor personaxe sen dúbida é
Rañolas porque loitou para ser feliz e ter cartos sen ningunha oportunidade,
neste caso non o conseguiu pero fixo moitos méritos propios.
Recomendaríallo a
toda a xente e sobre todo a xente nova para que saiba o que pasaron fai algúns
anos a xente maior e as durezas que tiveron que pasar e que aínda así nalgúns
casos sen recompensa.
Cambiaríalle o
final para que os dous protagonistas sexan felices e ricos porque neste caso
loitaron para selo.
É un libro moi
doado de ler, aínda que ten algunhas palabras que son difíciles pero polo xeral e de lectura moi
fácil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario