O momento máis
importante para min é cando Romasanta vai para o xulgado, porque non se sabe se
o van a condenar a morte ou se o van deixar en liberdade. Tamén me gustou cando
Bárbara e Manuela empezaron a sospeitar de Romasanta porque parecía que o ían a
decubrir.
Para min é un libro
interesante e entretido porque o conta todo de maneira que fai que se vexa moi
real, aínda que ao principio me parecía aburrido. O cambio que lle faría sería
que en vez de matar a Manuela nese momento, que esperase un pouco máis, para
así darlle máis misterio á historia, xa que, ese momento me pareceu previsible.
O personaxe máis interesante para min é Romasanta porque é o máis misterioso e
nunca se pode saber o que vai facer en cada momento.
Na miña opinión o
final é axeitado, só que sería mellor que deixasen a Romasanta libre ou que houbese unha historia
de amor entre Bárbara e Romasanta. Ten unha lingua fácil de entender e lese
bastante rápido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario