Para min é o libro
máis difícil que lin ata agora. Aparentemente parece un libro
atractivo para ler porque nin é moi grande nin parece difícil, pero
as aparencias enganan ás veces. Eu, persoalmente, lin outras obras de Vicente Risco para facer traballos para o colexio e cousas
así polo estilo, pero este foi o máis enrabechado que encontrei ata
o de agora.
Resúltame moi difícil entendelo e tamén de resumilo.
Emprega vocabulario normal, fácil de ler, pero dálle moitas voltas
ás cousas, e entón resúltame moi complicado.
Se me propuxesen a súa lectura de
novo, podendo escoller outro calquera, posiblemente non acabase
escollendo este, porque realmente deille bastantes voltas para
entender algunha que outra páxina.
Recomendaríalle ler este libro a
quen lle guste moito ler, ou tamén, ás persoas que lles guste as
historias de xente que evoluciona: que están mal nun principio, son
pobres, e que ao final acaban triunfando.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario