Este
libro gustoume porque fai relatos interesantes sobre a guerra que
había en Croacia, sen ser aburrido dando explicacións de como foi o conflito.
Para min as mellores historias son: “Francotirador”,
porque ten moito misterio e fai que esteas en tensión polo
desenvolvemento final, e “Zoolóxico” porque é unha historia
triste na que un soldado ve a animais feridos pola guerra, pero non
hai ningunha historia aburrida ou que non sexa interesante. Todas as
historias son rápidas, xa que pasan moitas cousas en pouco tempo e ten
poucas descricións.
Ten unha linguaxe sinxela e é fácil de
ler, polo tanto lese rápido.
Recoméndolle este libro ás
persoas as que lle gusten os libros de acción e misterio. Algo
que consegue o autor é dar moi ben co sentimento de tensión nalgunhas escenas e iso creo que non é fácil de facer. Tamén
describe moi ben os escenarios, o que fai que entres algo na
historia.
Daniel Varela Bello (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario