Non
hai ningún momento máis importante que o resto, pero algo que
destaca é que os emigrantes volvesen a Galicia con innovacións e
novas ideas para mellorar a vida dos habitantes da aldea.
As historias do libro son interesantes, gustaríame que fixera máis referencia á guerra, xa que está ambientado na guerra civil, e no libro só aparecen pequenas desputas entre os dous bandos. O final pareceume interesante e inesperado.
Na
miña opinión hai moitos personaxes e algúns só aparecen unha ou
dúas veces ao longo da historia e o mesmo pasa co nome dalgúns
lugares e ao final non os recordas todos.
Algunhas partes do libro son algo difíciles de
entender, emprega moitos dialectalismos e ás veces palabras bastante
cultas.
Recoméndolle este libro á quen lle gusten as historias
interesantes que están inspiradas en como vivía a xente nos
primeiros anos do franquismo e como a emigración era moi importante.
Daniel Varela Bello (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario