Este libro
pareceume moi interesante porque móvese dentro de moitos ámbitos como pode ser
o misterio cando Sara descubriu os papeis no armario, o terror coa presenza
dese fantasma que a deixaba con moito medo, o amor cando lle comeza a gustar
Daniel e un día el acompañaa á casa e alí danse un bico e as aventuras cando
súa nai a leva á illa de San Simón onde descobre o anel que seu tío Moncho lle
ía a dar a Sara (súa namorada).
Tamén é interesante porque nos amosa os
acontecementos da guerra civil e como estaban de mal en Galicia e en España
polo cal seu tío Moncho estaba preso no cárcere e a súa namorada tivera que
marchar para Arxentina co fin de que non a metesen no cárcere coma Moncho ou de
que a matasen.
É unha novela recomendable porque como trata de moitos temas algún
sempre che vai a gustar e a parte é unha obra que é doada de ler e está moi ben
escrita.
Paula Lema Domínguez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario