Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 16 de febreiro de 2023

“Castellanos de Castilla” nas voces de Valeria Grela Bello, súa irmá Érika e súa avoa Josefa Andreo

 

Gravación do poema “Castellanos de Castilla” nas voces de Valeria Grela Bello (3º ESO), súa irmá Érika (4º ESO) e súa avoa Josefa Andreo (57 anos). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla 

Castellanos de Castilla, 

tratade ben ós galegos; 

cando van, van como rosas; 

cando vén, vén como negros

Cando foi, iba sorrindo, 

cando ven, viña morrendo; 

a luciña dos meus ollos, 

o amantiño do meu peito. 

Aquel máis que neve branco, 

aquel de dozuras cheo, 

aquel por quen eu vivía 

e sen quen vivir non quero. 

Foi a Castilla por pan 

e saramagos lle deron; 

déronlle fel por bebida,

peniñas por alimento. 

Déronlle, en fin, canto amargo 

ten a vida no seu seo… 

¡Casteláns, casteláns, 

tendes corazón de fero! 

¡Ai!, no meu corazonciño 

xa non pode haber contento, 

que está de dolor ferido, 

que está de loito cuberto. 

Morreu aquel que eu quería 

e para min non hai consolo: 

so hai para min, Castilla, 

a mala lei que che teño. 

Permita Deus, casteláns, 

casteláns que aborrezo, 

que antes os galegos morran 

que ir a pedirvos sustento. 

Pois tan mal corazón tendes, 

secos fillos do deserto, 

que se amargo pan vos gañan, 

dádesllo envolto en venero. 

Aló van, malpocadiños, 

todos de esperanzas cheos, 

e volven, ¡ai!, sen ventura 

cun caudal de desprezos. 

Van probes e tornan probes, 

van sans e tornan enfermos, 

que anque eles son como rosas, 

tratádelos como negros. 

¡Casteláns de Castela, 

tendes corazón de aceiro, 

alma coma as penas dura, 

e sen entrañas o peito! 

En tros de palla sentados

sen fundamentos, soberbios, 

pensas que os nosos filliños 

para servirvos naceron. 

E nunca tan torpe idea, 

tan criminal pensamento 

coubo en máis fatuas cabezas 

ni en máis fatuos sentimentos. 

Que Castela e Casteláns, 

todos nun montón, a eito, 

non valen o que unha herbiña 

destes nosos campos frescos. 

Só pezoñosas charcas 

detidas no ardente solo tes, 

Castela, que humedezan 

eses teus labios sedentos. 

Que o mar deixoute esquecida

 e lonxe de ti correron 

as brandas augas que traen 

de plantas sen sementeiros. 

Nin árbores que dean sombra, 

nin sombra que preste alento… 

Chaira e sempre chaira, 

deserto e sempre deserto… 

Esto che tocou, coitada, 

por herdanza no universo, 

¡miserable fanfurriñeira!, 

triste herdanza foi por certo. 

En verdade non hai, Castela, 

nada coma ti tan feo, 

que aínda mellor que Castela 

valera dicir inferno. 

¿Por que aló fuches, meu ben? 

¡Nunca tal houberas feito! 

¡Trocar campiños floridos 

por tristes campos sen rego! 

¡Trocar tan claras fontiñas, 

ríos tan murmuradores 

por seco polbo que nunca 

mollan as bágoas do ceo! 

Mais, ¡ai!, de onda min te fuches 

sen dó do meu sentimento, 

e aló a vida che quitaron, 

aló a mortiña che deron. 

Morriches, meu queridiño, 

e para min non hai consolo, 

que onde antes te vía, 

agora, xa solo unha tomba vexo. 

Triste como a mesma noite, 

farto de dolor o peito, 

pídolle a Deus que me mate, 

porque xa vivir non quero. 

Mais en tanto non me mata, 

casteláns que aborrezo, 

hei, para vergonza, 

heivos de cantar xemendo:  

¡Castellanos de Castilla 

Tratade ben ôs gallegos; 

Cando van, van como rosas 

Cando vên, vên como negros!

Ningún comentario: