Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de xuño de 2021

Balda de Libros (XXVIII): Tes a tas as dez, de Francisco Castro

 

Tes a tas as dez. Francisco Castro. Galaxia

Este libro a min pareceume moi interesante, entretido e é bastante sinxelo de ler xa que se entende todo bastante ben. Ademais a medida de que o vas lendo non podes parar e engancha moito.

Outra razón pola cal me gusta este libro é que mestura o misterio co amor e ás veces incluso co terror. Gústame moito o feito de que estea escrito en primeira persoa xa que así é coma se foses ti o propio personaxe e estiveses dentro da historia.

Eu xa tiña lido outros libros de Francisco Castro e a verdade é que me gustan bastante as súas obras xa que enganchan moito e enténdense moi ben porque pon palabras e expresións que son sinxelas de entender. Ademais que sexa un libro moi groso non quere dicir que sexa un difícil de entender ou simplemente un libro que non che guste xa que hai outros de poucas páxinass que son difíciles de entender.

Sonia Muíño Riomayor (3º ESO)

 

Ningún comentario: