Como mil cachiños de vidro que a dor escurece. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña
Este libro a min gustoume bastante, creo que trata temas moi importantes, os cales denuncia, como por exemplo o machismo e os tratos abusivos e agresivos sobre todo no fogar.
O vocabulario que emprega en ocasións é bastante groseiro e coloquial.
É unha obra de teatro interesante que aborda asuntos importantes, nunha conversación familiar durante a cea de noiteboa con numerosos conflitos. É sinxelo de ler e de entender pois non presenta maior dificultade.
Os personaxes e os seus diálogos bastante ocorrentes provocan que o interese por continuar a lectura sexa maior, pois fan comentarios ou abren certos debates que fan que a lectora / o lector desexe seguir lendo, para así poder observar como se resolven eses conflitos.
En xeral foi un libro que me sorprendeu en moitos aspectos e que sen dúbida ningunha recomendo e volvería ler nun futuro non moi afastado.
Lúa Edreira Martínez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario