sábado, 26 de marzo de 2011
venres, 25 de marzo de 2011
Unha de ortografía....

Alquiler mensual de un local en pleno centro de Madrid: 15.000 € / mes (como poco)
Decoración de una taberna: 20.000 €
Cartelería: 4.000 €
Que no le pongas acento al logo: Pase
Que después de 41 años sigas sin saber que búho es con hache: Es pa matarte.
(Visto en www.señoritapuri.com )
(Visto en www.señoritapuri.com )
mércores, 23 de marzo de 2011
luns, 21 de marzo de 2011
martes, 15 de marzo de 2011
Ritmo e bo rollo nas bibliotecas escolares de Galicia
Colgabamos hai unhas semanas o Lipdub d@s compañeir@s do IES Maruxa Mallo de Ordes e hoxe queremos destacar o traballo d@s compañeir@s do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo). Eles mesmos presentanolo así:
"O Equipo de Dinamización da Biblioteca contando coa colaboración do alumnado e profesorado do centro intervén na construcción da seguinte historia: Un libro esquecido enriba dun contenedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. De paso repasamos a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores, o que se chama formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atras" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) .Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuizos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema)"
Pincha aquí (non poderás deixar de mirar!!) :
xoves, 3 de marzo de 2011
mércores, 2 de marzo de 2011
Sobre O último traballo do Señor Luna, entre outras cousas...
Pois os libros cheos de fortes emocións que percorren estes días aulas, parece que pouca emoción están a despertar... en comparación coas propostas do primeiro trimestre...
Hoxe buscando a alguén que nos falara dalgún deses libros, atopamos a Andrea, alumna do CPI de Carral que leu O último traballo do Señor Luna, un dos seleccionados este trimestre, e nos conta algunhas cousiñas máis nesta entrevista no blog do seu centro. Pincha aquí:
http://www.blogoteca.com/deleria/index.php?cod=64327
martes, 1 de marzo de 2011
IV Premio literario escolar de Novacaixa Galicia
Aquí vos deixo as bases dun concurso literario ben interesante para que vos animedes a participar. Xa sei que cando menos, @s de 2º ESO andan interesad@s. Alegrámonos moito, arriba ese poderío de escritor@s, que quedou demostradísimo no concurso de contos pola igualdade do mes de Novembro.
Botádelle un ollo e para dúbidas, axudiñas, envíos....pasade pola biblio e falade con Asun, ou enviade un mail. Ela encargarase de todo, agás escribir os relatos ou poesías. Deberiades telo listo para despois do Entroido. Tamén podedes envialo á biblio por ordenador, co voso nome, e Asun xa se poñerá en contacto convosco.
Toda a información, aquí (e no "corcho" da biblioteca, baixando as escaleiras) :
luns, 28 de febreiro de 2011
E ti...¿Sobrevives?

¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conducta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer. Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente. Un contrapunto moi eficaz e, sen dúbida, sorprendente para os lectores. En palabras da propia autora ?Moni renega do que se lle antolla arbitraio e absurdo. Dos formulismos que non responden a ningunha sensibilidade. Non todo o que atopa no medio rural o arroupa no seu remuíño interior. De feito é nos seus podengos nos que confía case en exclusiva e pon esperanzas no futuro?.
xoves, 24 de febreiro de 2011
Emocións fortes en Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra
Alumnos e alumnas de 4º ESO do IES María Moliner de Sevilla cóntannos o que lles parece Campos de fresas de Jordi i Fabra, un libro reeditado ata 36 veces (unha pasada de vendas grazas a espectacular acollida entre os lectores e lectoras máis nov@s).Pincha aquí:
http://3amoliner.nireblog.com/post/2008/03/03/campos-de-fresas
Atención...pregunta....A que fai referencia o título?? Quen investigue e o descubra en primeiro lugar, que pase pola biblioteca que hai premio...
Atención...pregunta....A que fai referencia o título?? Quen investigue e o descubra en primeiro lugar, que pase pola biblioteca que hai premio...
mércores, 23 de febreiro de 2011
Para @s que se apuntan ao club de lectura (e para @s que non)

A ver que vos parece esta montaxe visual (a nós encantounos).
Pincha aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=oX1LM9HIk_s
Máis libros de fortes emocións

Hoxe querémosvos presentar Chamábase Luis de Marina Mayoral. É un dos libros do lote que os titores e titoras da ESO andan amosando polas clases, libros cargados de fortes emocións. Pero...mellor que o que vos conte eu, que xa andades fart@s de escoitarme falar de libros, déixovos cos comentarios de Martín, un alumno de 3º da ESO do IES Chapela de Redondela (Pontevedra), parece que lle gustou bastante...
Pincha aquí:
http://bibliochapela.blogspot.com/2008/04/chambase-lus-marina-mayoral.html
martes, 22 de febreiro de 2011
Propostas para o club de lectura 3º e 4º ESO

A ver, lector@s de 3º y 4º, ante o interese despertado por seguir compartindo tempos arredor dun libro, o cal aos profes que levamos o club fainos moi moi felices, imos propoñervos dous, a falta de un, para as próximas semanas....
O primeiro, El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon. Unha novela ben curiosa da que podedes obter información e opinións aquí, nunha páxina que se chama "Dimensión friki", casi ná!!
O segundo, un comic para adultos, visto o éxito de Maus, pero dunha temática totalmente diferente, xa que din que na variedade está o gusto, non é verdade? De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba. Aquí vos deixo un enlace para que lle botedes unha ollada e vos animedes a apuntarvos ao club. Está sacado da páxina "Planeta comic".
Antes de despedirnos...un par de cousiñas....Para lectura de Maus, moit@s de vós apuntástevos e tivemos que comprar máis exemplares do libro para que houbese para tod@s, e finalmente non participastes na actividade. Intentemos ser un pouco máis consecuentes, xa que os cartos para a biblio non caen do ceo e se nos chega cos exemplares que hai, é tontería mercar máis exemplares dun mesmo libro, se logo non ides participar na actividade, non vos parece? Seguro que o entendedes, e o teredes en conta. Iso sí, encántanos compartir lecturas convosco, animádevos con estas propostas!! (Por certo, a devolver Maus, @s que aínda non o fixeches)
Podes apuntarte xa aquí, deixando un comentario, ou ben pasarte pola biblio, e así verás os libros, ou avisar aos profes que levamos o club. Grazas pola túa participación!
Última hora: os libros estanse a suicidar (só ti es quen de salvalos)
(www.solodelibros.es)
Un libro suicídase cada vez que… A book commits suicide
xoves, 17 de febreiro de 2011
Libros cargados de fortes emocións

Supoño que xa vistes no pasillo un novo mural con propostas de lectura para este trimestre. Como sabemos que tod@s recibistes algunhas charlas sobre "fortes emocións" (drogas, alcohol...) e algúns ides ter un próximo obradoiro sobre alimentación, os libros propostos abordan estes temas. Os titores e as titoras levarán os libros polas clases para que os vexades, os toquedes...e se vos animades a lelos, estarán á vosa disposición na biblioteca, en canto "rulen" por todas as clases. Gustaríanos moitísimo coñecer a vosa opinión sobre libros en concreto, e sobre estas propostas trimestrales de lectura, relacionadas con temas que, pensamos, son do voso interese. Tamén podedes propoñer outros temas para o próximo trimestre. Na biblio temos de todo, a pedir de boca.
Imos ir comentando algúns dos libros nos seguintes días. Hoxe deixámosvos un enlace-comentario deste libro que atopamos no blog da biblioteca do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela. Acededes pinchando no enlace a un resumo do libro e a dous comentarios de rapazas de 4º de ESO, ben, ben interesantes.
Aquí:
Biblioteca IES Eduardo Pondal: El mensajero del miedo de Jordi Sierra i Fabra (lectura do Club de Lectura "Ponte un libro")
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
