Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 9 de setembro de 2011

Que non facer cun libro


En primeiro lugar, como comentabamos esta semana, non te quedes con el e te esquezas de devolvelo.
En segundo lugar, bótalle un ollo á gráfica que amosamos a continuación e da que podes tirar algúns conselliños...



Visto en http://trafegandoronseis.blogspot.comEnlace

mércores, 7 de setembro de 2011

Revisando o material para o curso que comeza


Chic@s!!

Insistimos unha vez máis na necesidade de devolver todos e cada un dos libros que levades prestados (esperemos que ningún máis roubado, que se teñen dado casos, aínda que non o creades). Todos e todas saímos perdendo cando un libro non se devolve á biblioteca do centro.

Mirade "como se las gastan" nos Estados Unidos cos que non devolven os libros emprestados....

Aquí:

http://blogs.lainformacion.com/strambotic/2011/09/06/biblioteca-carcel/

luns, 5 de setembro de 2011

Os maiores contan aos pequenos. Parte 2.



Enlace
A piques de comezar o novo curso, lembramos un dos mellores momentos do curso pasado, un encontro entre maiores e pequen@s que agardamos repetir no 2011/2012. Esperamos as vosas propostas.

Benvid@s a tod@s!!

mércores, 22 de xuño de 2011

Fin de curso


Mañá imos despedir o curso 2011, aínda que en Trazo levamos unha semaniña traballando máis ben pouco...e celebrando moito; esa é a verdade.
Onte os do club de lectura fomos a Compostela de Museos, de paseíto, con música incluida, e logo comida campestre. Daremos boa conta nos próximos días desta primeira saída extraescolar dos membros do Club de lectura, que esperamos que se repita.
Mañá, por fin, entregaremos os agasallos aos traballos máis destacados do concurso de relatos convocado o Día do libro, e nos vindeiros días poderemos ler aquí no blog eses traballos. Ademais, os grupos gañadores do Concurso "Coñece e investiga na túa biblioteca", tamén recibirán mañá un pequeno detalle pola súa destacada participación.
Estamos frenétic@s de actividade, pero content@s porque estamos xusto a piques de irnos de vacacións.
Nota "friki": o fin de curso sempre nos recorda a unha canción que soaba cando algúns prof@s eramos cativ@s. Que tempos!! Que pintas!! Que miñaxoias eramos!!
Déixovolo aquí para que escachedes coa risa. (Se aguantades o vídeo ata o final, deixade os vosos comentarios para que nos riamos tod@s)

http://youtu.be/dhw7TPw0igI

(Visto no Youtube)

luns, 20 de xuño de 2011

Poñémonos romántic@s no comezo do verán...

Escoita un conto:

http://youtu.be/vT3_o0thKfg

(Visto no Youtube)


EnlaceGustaríanos saber que vos parece, que vos suxiren as actitudes da princesa e do namorado. A nós só se nos ocurre dicir : VERDAD VERDADERA!!

mércores, 15 de xuño de 2011

Lectores e lectoras de todo o mundo poderán ler o que ti escribes...

Escritor@s do CPI Viaño Pequeno (Trazo) :
Nesta páxina chamada "Libros de mentira" podedes subir e publicar (de mentira) os vosos poemas, contos...para que lector@s de todo o mundo poidan lelos, comentalos e ata puntualos. Mirade como facelo, curioseade pola páxina (agora nas vacacións hai tempo de máis para perdelo, un pouco) e se publicades algo, aínda que sexa "de mentira", por favor enviádenos o enlace que faremos unha entrada no blog para vós soíñ@s.

Este é o enlace:
Enlace
http://www.librosdementira.com/

martes, 14 de xuño de 2011

xoves, 9 de xuño de 2011

Vémonos o luns no recreo!!

Máis do 50% do alumnado da ESO participa nos clubs de lectura!!

Nin nas nosas mellores previsións de inicio de curso estimabamos que a biblioteca estaría a tope de ganas de falar sobre o que sentimos, pensamos, bromeamos e rimos cos libros. É por iso que só podemos darvos as GRAZAS pola vosa participación e colaboración. Para @s prof@s é un gustazo poder compartir convosco un rato fóra da aula, un rato roubado ao voso tempo de recreo, que ben sabemos canto vos custa renunciar a el. De novo, GRAZAS.

Por todo iso, o luns 13 de Xullo contarémosvos algunha cousiña que fomos discurrindo @s que organizamos os clubs de lectura para pechar este curso. Na biblioteca, por suposto.

E o curso que ven MÁIS e MELLOR, ou qué?

Comentarios, propostas, queixas, declaracións, parabéns....aquí abaixo, en comentarios. Fainos as túas suxerencias para o vindeiro curso.

sábado, 4 de xuño de 2011

Natureza sorprendente

Neste día tan soleado, entre libros e apuntes que debedes mirar, xa que isto remata e hai que facer un último esforzo, seguro que sacades un ratiño para dar un paseo e ver cousiñas como estas que vos deixo aquí no enlace. A natureza é tan tan tan sorprendente!!!

Abre os ollos, hai cousas marabillosas aí fora, e son gratis!!
Enlace
http://www.lacasagiratoria.com/archivos/2008/01/24/alfabeto-natural.php




Visto en http://www.lacasagiratoria.com/