Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de marzo de 2012

Novas propostas para os Clubs de lectura de 3º e 4º de ESO

Unha de piratas...

A primeira proposta é a novela A illa do tesouro/La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson, unha xoia que ninguén que goste de ler debe deixar pasar. Piratas, tesouros, illas... AVENTURA CON MAIÚSCULAS. Tedes máis información abaixo, á dereita.





...e algo máis

A segunda proposta é Persépole de Marjane Satrapi, un cómic de referencia, excelente testemuño histórico dun pobo e dunha época. Máis información abaixo, á dereita.



Aproveitamos esta comunicación para facervos saber @s premiad@s este trimestre por seren "@s que máis comentan no blog". Ben sabedes que o premio é algo que custa pouco pero que para nós ten moito valor, o feito de saber que estades aí e nos ledes e comentades, facéndonos saber a vosa opinión, fundamental para avaliar o noso traballo na bilioteca. Á dereita podedes ver o ranking d@s que máis comentarios levan feito ao longo do curso, pero este trimestre.... repite Noelia Casas, de 1º de ESO, que xa foi unha das máis comentadoras no primeiro trimestre, e estréanse Cristina Deus e Laura Moar de 2º de ESO. Mulleres de novo, as tres. Que pasa cos homes? Non len? Non comentan? Grazas chicas, e pasade pola biblioteca que temos un agasallo para vós. E grazas a tod@s @s que colaborades comentando, que cada vez sodes máis. A partir de hoxe abrimos o prazo do terceiro trimestre...






Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, polo actor e director John Malkovich



Publicamos a versión galega da Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012, escrita polo actor, director e productor John Malkovich, traducíndoa desde a revista de teatro Artezblai.

Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2012
O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
John Malkovich

Conta de libros (XXIV): Unha presa de terra, Marilar Aleixandre

Unha presa de terra, Marilar Aleixandre, Ir Indo.

Esta historia gustoume moito, xa que a min gústanme moito as historias de detectives, policía...
A escena máis importante para min, foi cando Silvia entra no piso para salvar a Ana; aínda que me deixou coa intriga de cómo ela sabía que Ana necesitaba axuda. Tamén foi a escena que máis me gustou; e Ana foi a personaxe que máis me gustou xa que a pesar de saber que Pepe era o asasino tivo o valor de ir cear con el igual para coller máis probas.
O único que cambiaría da historia sería que o asasino non fora o home dela, xa que reflicte a violencia de xénero, e que fora a amiga ou calquera outra persoa.

Uxía Vieites Abelenda (4º)

Conta de libros (XXIII): Amor de tango, María Xosé Queizán




Encantoume o libro. Teño que admitir que ó principio o seu desenvolvemento foi lento e algo aburrido. Pero, ó chegar ó final todo cambia. Dáste conta que todo foi importante. Grazas ó final o libro convértese en inesquecible. Non é un libro especialmente triste, pero tampouco é feliz. Describe a realidade que viviron tantas persoas que aínda que a ditadura, a guerra rematase, a súa vida quedou marcada para sempre. Como é o caso de Margot, especialmente triste para mín. Ademais este libro abarca o machismo que existía e o feminismo en Galicia e en España. Tamén o desenvolvemento de Vigo, o anarquismo e mais a emigración. Eu non cambiaría nada, absolutamente nada. Tanto os temas individuais como os colectivos son importantes no desenvolvemento da obra. E faina ideal.
Non podería escoller algún momento importante, coma xa dixen, todos o son.

Sonia Calo Mosquera (4º)

Conta de Libros (XXII): O porco de pé, Vicente Risco








Este libro está moi ben estruturado nas súas partes. Vai contando as historias que lle pasan a don Celidonio durante a súa vida. O único fallo que eu lle vexo é que se complica moito cando fai unha pausa para explicar unha cousa, e ás veces vaise do tema polas ramas. Tamén ten unhas enumeracións moi grandes que te confunden e algunhas veces cansan. Despois de todo é un bo libro cunha boa historia e un bo tema. Para ler está moi ben, pero para comentar non tanto.




Alberto Pardal Noya (4º)

Conta de Libros (XXI): Noitebra, Xavier López Rodríguez






Noitebra, Xavier López Rodríguez, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


O libro gustoume bastante porque cando o protagonista é un rapaz da nosa idade sénteste identificado, pero neste caso non moito porque é do sexo contrario.
O libro é entretido, está cheo de emoción e anima a seguir lendo desde o primeiro momento porque á nosa idade a case todos nos gustan as motos.
Noitebra ten algunas palabras difíciles de comprender pero non moitas, non é complicado de ler. O mellor personaxe para min foi Uxía porque lle axuda á protagonista (dálle sitio onde acomodarse e dálle bos consellos).
Un dos mellores momentos da narración sen ser cando quedou durmida na casa de Uxía, foi cando lle compraron a moto. O peor momento foi cando uns rapaces lle querían quitar a moto. Eu recomendaríallo a moitas persoas.


Alejandro Bello Andreo (3º ESO)

Conta de Libros (XX): Os dous de sempre, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao





Este é un libro que eu xa tiña lido, e penso que daquela me gustara, aínda que foi hai moito tempo e non me lembro ben. Desta vez gustoume un pouco, pero tampouco demasiado. Ao ser tan confusa a narración da historia e tan curta non se lle acaba de coller verdadeiro apego a ningún dos protagonistas, aínda que se teño que escoller prefiro a Rañolas, xa que Pedriño é tan pouca cousa que é noxento ver como todo se pudre ao seu redor e el non fai nada para remedialo, só folgar, comer e comer.


Javier Domínguez Negreira (4º)


O libro non me gustou moito. Está moi ben escrito, aínda que nun galego non actual e por tanto é máis complicado de ler. Reflicte a realidade da época. Aínda así non me chegou a convencer.

Os dous mozos pasan por unha vida moi complicada e dura, algo que lle pasaba á maior parte dos galegos nesa época. Tamén fala da emigración e do duro que é. Di que a maior parte dos emigrantes fracasan.

A forma de contar a historia, mesturando un trozo da vida dun cun trozo da do outro, fai que lle perdas o fío á historia de cada un. Tamén me complicou máis a lectura porque tiña que recordar o que pasou tres ou catro capítulos antes con cada personaxe.


Nuria Calo Mosquera (4º)

luns, 26 de marzo de 2012

Conta de Libros (XIX): Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo

Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

O libro a min en xeral gustoume moito, porque ten catro relatos, todos relacionados co medo, e iso a min gústame. O relato que máis me gustou foi O Fornadas, porque a vella ao final acabou con quen lle quitara a vida a ela. O que menos me gustou foi A Loba, foi un conto que non me gustou moito, porque non me meteu tanto medo coma os outros, e non me chamou tanto a atención ao comezar a lelo. Para min o momento máis interesante de todos os contos está no primeiro, O espello do viaxeiro, no momento en que o viaxeiro mata o ferreiro. Tamén me gustou moito este libro porque en cada conto, máscase a traxedia ata o final, e non se desvela nada do que poida pasar máis adiante. Á parte tamén me gustou a forma en que está relatado, e Xavier P. Docampo é un escritor que me gusta moito, pola súa imaxinación, e a forma na que escribe. O libro tamén me gustou porque son historias moi difíciles de crer, pero se te paras a pensar que che poidan pasar a ti, non sabes como reaccionar, se afrontar todo o que che boten ou intentar fuxir e esquecerse de todo.

Martín Calviño Vicente (3º)

A min, o conto que máis me gustou deste libro, foi o do cumpremortes porque é no único conto, no que non morre ninguén.
O momento que menos me gustou deste libro foi no conto do Fornadas, cando queimaron a vella e a vella se ergueu no forno, outro momento que tampouco me gustou moito foi cando lle puxeron lume á palleira coa loba dentro, aínda que por unha parte fixeron ben, pero sen estar o rapaz dentro, aínda que eles non o sabían.
O momento que máis me gustou deste libro foi no conto do cumpremortes, cando ó final o home non morreu.
O conto que menos me gustou foi o do Fornadas, por cando lle foron pegar á vella e despois a queimaron no forno.
Eu non faría ningún cambio no final, porque xa está ben así.

Alicia Veiras Noya (3º)

Conta de Libros (XVIII): Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz



Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

Que momento do libro me pareceu máis importante.
-Cando entrou Xabier na casa e atopou a Adrián, e logo pensou que foi el quen puxo o lume para acabar con toda esa maldade, que parecía estar dentro dela. Pero aínda así queimando a casa o caderno non sei como saíu e foi dar ao monte polo que camiñaba Tareixa, iso si que foi moi intrigante. Fágome preguntas como: Cómo chegou o caderno ao monte? Os libros andan? Cousas moi raras...
Interesouche o libro?
-Gustoume moito, é como se unha frase tirara pola outra, é un libro dos poucos que me enganchou e desde que o collin non o puiden soltar.
Farias algún cambio?
-Si, no final non me gustou que morreran, mellor sería pois que Adrián se salvara e acabase por casar e ter fillos con Tareixa. O final é como moi frío, pero iso penso que é o que fai que enganche a lectura a intriga de todo o que pasara e logo pasa todo o contrario.
Tiveches problemas co vocabulario?
-Pois non moito a verdade, é un libro sinxelo e moi entretido. Recoméndoo a min encantoume, leriao unha e outra vez e non me cansaría de lelo.

Alba Docampo Noya (3º)

mércores, 21 de marzo de 2012

Conta de Libros (XVII): Rapazas, Agustín Fernández Paz






Rapazas, Agustín Fernández Paz, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

O libro gustoume moito. O relato que máis identifico comigo é o de “A primeira meta”, pero o último relato “Dúas rosas murchas”, está moi ben, en xeral todo o contido ten as súas cousas que máis me chegan.
O final non sabería con cal quedarme, o que fixen eu é un pouco irreal, pero pódelle pasar a calquera, en cambio o verdadeiro final, penso que é un final para motivar a toda a xente que fai algún deporte e que adestra cada día máis. Creo que o que quere dar a ver é que, con esforzo, todo se pode lograr.
Non faría ningún cambio, porque todos están moi ben escritos, se hai que poñerlle unha pexa é que o primeiro relato nas dúas ou tres primeiras páxinas non se entenden moi ben.

Marta Brea Martínez (3º)

martes, 20 de marzo de 2012

Preparando a lectura de poemas

Mañá celebraremos o Día Mundial da Poesía cunha lectura de poemas no Salón de Actos ás 15 horas. Participará o alumnado de todas as etapas educativas. Disfrutaremos. Estades tod@s convidad@s.

Para os últimos preparativos, pensamos en darvos pistas a@s q ides ler, escoitando a unha das grandes voces da televisión e do teatro, Francisco Valladares, actor e presentador, que nos deixou este sábado pasado. Este poema de Juan Ramón Jiménez titulado El viaje definitivo, adquire tras a súa morte un significado máis fondo. Todo está cumprido, agora que él xa non está. Todo un mestre no arte da lectura de poemas. Non deixedes de fixarvos nas pausas, no ritmo, sen présa, na súa perfecta VO-CA-LI-ZA-CIÓN. Abride ben as orellas e deixade paso á emoción dos versos.


Vídeo visto no Youtube

Conta de Libros (XVI): A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín




A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín, col. Fóra de Xogo, Xerais.

A min este libro gustoume moito porque é unha novela de misterio e policial e gústanme.
Ao principio o libro non me enganchou moito pero axiña xa me enganchou. A parte do libro que máis me gustou foi cando Wendy está a afogar e lógrase soltar da máquina, gustoume porque ten moito suspense e faite quedar na dúbida de se se salvará ou non porque fala cada dous capítulos do que lle ocorre a Wendy e despois fala sobre o que pasa con Roger e Andrea no lugar do crime, iso está moi ben porque fai que sigas lendo para saber o que pasa se estás nunha parte do libro interesante.
O libro ten un vocabulario sinxelo e o final gustoume.

Daniel González Viqueira (3º)

xoves, 15 de marzo de 2012

O poder dunha coma


"La coma, esa puerta giratoria del pensamiento"

"Si el hombre supiera realmente el valor que tiene la mujer andaría en cuatro patas en su búsqueda."

¿Dónde va la coma?

Si usted es mujer, con toda seguridad colocaría la coma después de la palabra mujer.

Si usted es hombre, con toda seguridad colocaría la coma después de la palabra tiene.

Julio Cortázar

Enlace
Visto en Facebook