Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 15 de xuño de 2012

Hoxe...música animada para os últimos exames...

                                            Que soe a banda!!!

Non quedes con esa cara de medo e pincha no enlace anterior, e volve a pinchar e a pinchar.....

domingo, 10 de xuño de 2012

Cristina Deus García (2º ESO) ou para que serve ler?

Cristina no centro, rodeada d@s compañeir@s
Celebrouse un ano máis o certame de redacción e investigación histórica Falemos da nosa historia, organizado polo Equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro, en colaboración coa Universidade de Santiago, que nesta ocasión chega á súa oitava edición co lema En tempos de María Castaña.
Estamos contentísim@s porque o 3º premio foi para Cristina Deus García, alumna de 2º da ESO . A nosa Cristina!!


Queremos felicitala ademais por ser a máis "leoa" do centro, pois agora que andamos a facer memorias, balances e estatísticas de final de curso, descubrimos que ten sido durante este curso a "número un" en préstamos da biblioteca. Non nos sorprende. Estamos acostumad@s a vela entre as estanterías á procura dalgún tesouro escondido. O libro está alí, agardando por ela, e Cristina sábeo ben. A tod@s nos agardan libros na biblioteca, escritos e colocados alí especialmente para nós; para asombrarnos, facernos rir ou chorar, pensar ou non pensar....Ainnnsss!! Cantos libros sofren porque aquela "personita" pola que agardan non da aparecido....

Onte escoitamos unha conferencia do escritor, editor e profesor Víctor Freixanes, nas V Xornadas de Clubs de lectura ás que asistimos varios membros do equipo da bilioteca, que moitas veces o alumnado comenta cando o profe agarda pola súa resposta:

" Profe, eu seino, pero non atopo as palabras para explicalo".

Sabedes onde están todas esas palabras que vos faltan? Nos libros que agardan por vós.

 Cristina descubriuno hai tempo!!



A continuación podedes ver un pequeno vídeo da entrega de premios:






Como funciona o rescate dun país?


Seica así nos ven dende Europa e o resto do mundo mundial...

Claves do RESCATE EUROPEO

Explicamos MOI SINXELAMENTE (ao alcance de tod@s):

COMO FUNCIONA O RESCATE DUN PAÍS (Pincha no link debaixo da foto!!)

luns, 28 de maio de 2012

Outro mundo é posible

"... Si el sueño no nos permitiera anticipar un mundo diferente, si la fantasía... no hiciera posible esta capacidad un poco milagrosa más allá de la infamia, ¿qué podríamos creer? ¿qué podríamos esperar? ¿qué podríamos amar?... Porque en el fondo, uno ama al mundo a partir de la certeza que este mundo, triste mundo convertido en campo de concentración, contiene otro mundo posible. O sea, que el horror está embarazado de maravilla”.

Eduardo Galeano

mércores, 23 de maio de 2012

Trae os teus poemas e participa !!!



Dende o IES María Soliño de Cangas nos invitan a participar no seu tradicional Concurso de Poemas. Sabemos que agochades tesouros escritos en momentos de intimidade.

 Traédeos á biblio e organizamos a vosa participación!!!

BASES DA CONVOCATORIA:

1-Haberá dúas categorías:

A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo do E.S.O.



B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.



2-Concederanse tres premios en cada categoría
-Primeiro premio-150 euros.



-Segundo premio- 75 euros.

-Terceiro premio- 50 euros.



3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.

4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de

cinco.





5-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.

6-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño


(Monte Carrasco, nº 3 / 36940 CANGAS) nun



sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro

dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos

: nome,



enderezo, enderezo electrónico, teléfono, centro no que cursa estudos e

certificado de estar matriculado no centro.

7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se

reserva todos os dereitos.

8-O prazo de entrega rematará o día 12 de Xuño.

9-O fallo do xurado farase público no acto da entrega de premios, que terá

lugar o 22 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir

@s premiad@s.

martes, 22 de maio de 2012

Morrer en sábado

O pasado sábado 19 de Maio, día de escola en Italia,  un artefacto explosivo estoupou fronte a un instituto. Unha estudiante morreu e outra quedou gravemente ferida. Hai outr@s sete ferid@s. O alumnado do instituto participaba activamente nunha campaña de defensa da democracia, a legalidade e a xustiza. Parece que a alguén lle molesta, e moito, esta loita.

Pincha no enlace para ver a información completa:

http://menosquemarx.blogspot.com.es/2012/05/escuela.html?spref=fb&fb_source=message

luns, 21 de maio de 2012

Aparecen inéditos capítulos de O principiño


O mundo literario anda revolucionado estes últimos días debido á subasta dun manuscrito/borrador do autor con algúns capítulos novos, que non foron publicados na edición que coñecemos do libro.

Máis información, pinchando no enlace:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/05/120501_el_principito_inedito.shtml