Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 17 de decembro de 2012

Andel de Libros (XIV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey






Esta novela a min gustoume moito. Paréceme unha historia algo triste, xa que hai varios problemas e dificultades, pero tamén é moi bonita.

Un dos meus momentos preferidos do libro é cando André vai xunto ao seu avó, cando está a piques de morrer, e agarrándolle unha man empézalle a falar de todo. Intentando que sobrevivise, intentando alegralo, dicíndolle cousas preciosas. Este momento para min é moi importante, e emocioneime moito cando o estaba lendo; ata ganas de chorar me entraron.

Eu cambiaría o de que o avó de André morre porque me parece moi triste, pois André xa tiña outros problemas como para que lle morrese seu avó.

A lingua para min foi moi fácil de entender. A historia, para ler, é algo máis difícil, xa que fai moitos "flash-backs" ao longo desta.

Cristina Deus García (3º)


A min este libro pareceume interesante e divertido nalgunhas ocasións porque a verdade entreteste moito con algúns acontecementos da historia que son divertidos, pero tamén os hai tristes como o do avó que a min particularmente neste caso me deu moita tristeza. 
Tamén me fixo chorar porque ó final do capítulo do avó para o rapaz debeu de ser moi duro para el dicirlle que se fose, que parara de respirar e que descansara en paz porque eu iso se o tivera que facer non me vería capaz sen botarme a chorar antes ou sinceramente non o daría feito.
Para min foi moi fácil de entender e gustoume moito así tal e como acaba pero gustaríame que acontecese como o final que eu lle inventei pero así tamén me gustou moito.
Neste libro pásanse moitos momentos de alegría e outros de tristeza e por iso me gustou tanto. En poucas palabras ENCANTOUME!!!!!!

Alba Pumar Muíño (3º)

Andel de Libros (XIII): A casa dos Lucarios, de Teresa Moure





O tema máis importante do libro é a loita dunha familia por saír adiante sen ter moitos medios para conseguilo.
Era unha familia coma moitas outras naqueles tempos, que tiñan un lote de fillos e tiñan que loitar duro para sacalos adiante.
Non cambiaría nada deste libro porque é a historia dunha familia que así lle toca vivir, e o destino de cada un non se debe cambiar.
Pódense cambiar cousas do pasado de algún personaxe , pero coas cousas malas sempre veñen as boas, e daquela eu deixaría todo como está.
Foi un libro que me gustou porque trata da realidade de moitas familias galegas. Estou seguro de que este libro lle gustaría aos meus avós.

Esteban Becerra Varela (3º)



A min o libro non me gustou moito aínda que fose moi fácil de ler. Non me gustou moito porque tiña moitos nomes e confundíame de persoas.
O que máis me gustou do libro foi o contido da propia historia xa que conta como empeza unha parella sen nada e vai gañando cartos e tendo fillos ata chegar a ter unha casa fóra do normal en comparación ás demais da vila chamada Ferreira.
Logo tamén me gustou o final, na que Laura que é a neta de Rosa e Chicho   di o propósito do libro que é escribir a súa vida para celebrar os seus 60 anos de casados e tamén criticar que agora toda a xente se moderniza moito e se esquece de facer moitas cousas como lavar a roupa a man e non coa lavadora e cousas polo estilo.
Se se poidera cambiar algo, eu poñeríalle máis cousas e máis información sobre os seus netos e tamén lle quitaría moitos personaxes porque a historia fala de moita xente e non se entende moi ben o conto.

Damián Muíño Bello (3º ESO)

venres, 14 de decembro de 2012

Se non cuestionamos os estereotipos de xénero, tod@s perdemos moito


Tras estes días de reflexións sobre as campañas publicitarias do Nadal, que moit@s de vós traballastes nas aulas co@s titores, gustaríanos que lle botárades un ollo a estes dez minutiños de vídeo. Consideramos que ven sendo unha conclusión ideal para todo o traballo realizado nas aulas.

Como sempre, encántanos que comentedes o que vos chame a atención, o que non vos quede claro, o que cuestionades, aquel detalle co que vos identificades....





Visto no Youtube

xoves, 13 de decembro de 2012

Andel de Libros (XII): Sin vuelta atrás, de Jordi Sierra i Fabra




Este libro me ha gustado porque me ha enganchado desde el principio. La historia que cuenta puede pasar en la vida real, a muchos chicos les ha pasado. Me gustó también porque intervienen los personajes. Las partes que más me gustan del libro es cuando hay diálogos. La historia de Jacinto de que no cuenten nada en casa, no llore y aguante todos los golpes, para nada, porque al final lo que hace es suicidarse, es impactante. Es mejor que lo hubiese contado en casa y así podría haber empezado a ser feliz.

Iria Fajín Casas (3º PDC)

Andel de Libros (XI): Campos de fresas, de Jordi Sierra i Fabra


Campos de fresas, de Jordi Sierra i Fabra

A mi este libro me gustó, engancha mucho y es fácil de leer. Aunque es un poco rollo, pero está muy bien, lo recomiendo.
Tiene intriga, y eso a mi me gusta y trata sobre lo que le puede pasar a un adolescente, y con lo que hay que tener cuidado.
Para mi este libro es uno de los mejores que leí, y uno de los mas fáciles, de los que más rápido se leen.

Brais Rey Calviño (3º PDC)

mércores, 12 de decembro de 2012

Adoramos a esta nena !



Fonte: Youtube

Andel de Libros (X): Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro


Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro, Xerais

A min este libro gustoume moito porque ten moita intriga porque non sabes se Gregorio aparecerá para salvar a Sara, ou se matan a Sara ou se consegue escapar.

Ten un vocabulario bastante fácil de entender aínda que ten varias palabras que non sabía o significado.

Non estou moi conforme co final prefería que Gregorio non morrera e cunha estratexia ou un plan conseguira rescatar a Sara e matar os 4 falanxistas. Ou tamén que o pobo se revolucionara contra os falanxistas e axudaran a Gregorio.

Diego González Viqueira (4º ESO)

Andel de Libros (IX): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor

A Esmorga, Eduardo Blanco-Amor, Galaxia

O libro non foi un dos que máis me gustou xa que tiña un vocabulario bastante complicado con bastantes dialectalismos e hipergaleguismos.

Ao principio non pillei moi ben sobre o que trataba o libro pero a medida que pasan os capítulos fun pillando a historia. O final da historia paréceme xusto e víase vir algo así porque o Milhomes e o Bocas estaban seguido pelexando.

O momento da historia que máis me gustou foi cando entraron na casa dos Andrade en busca da muller que lle gustaba e tiveron que escapar porque os seguían, gústame porque ten algo de suspense e misterio.

Diego González Viqueira (4º ESO)



O libro polo xeral gustoume moito. O que máis me gustou foi o final, porque é un final inesperado para o lector, dende o meu punto de vista.
Todo o contido onde falan que os tres homes pasan o día bebendo sorprendeume bastante, porque eu pensaba que antes a xente non facía nin a metade do que se fai agora, pero vexo que podían ser peores.
O final que máis me gustou foi o do libro, o meu como de costume é moi irreal. Aínda que non sei se preferiría que Cibrán non morrese, pero de todos modos tiña que ir ó cuartelillo e non sei que sería peor para el.
 
Marta Brea Martínez (4º ESO)

domingo, 9 de decembro de 2012

Suecia 1 - España 0

En Suecia unha gran marca de xoguetes adaptou o seu catálogo debido á presión do mercado. @s consumidores demandaron un catálogo igualitario, sen xoguetes diferenciados para os nenos e as nenas. Desgraciadamente, o avance en igualdade só se aplica á campaña sueca. Outras edicións, como a española, conservan as típicas imaxes de nenas princesas e nenos guerreiros, que reforzan os estereotipos de xénero.

Aquí podes ler o artigo completo