Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 8 de maio de 2014

Hoxe de novo: 2 x 1 pola igualdade

Como o xoves pasado foi 1 de Maio, e festivo, colgamos hoxe dúas boas novas de cara á igualdade real entre mulleres e homes no apartado semanal do blog "Xoves pola igualdade"

A primeira. Queremos presentarvos a unha muller nun mundo de homes: entrenadora dun equipo de 2º división na Liga en Francia: Helena Costa.

"Ella es la excepción que todas esperan que se haga regla. Esta portuguesa de 36 años reemplazará a Régis Brouard en el banquillo, según anunció en un comunicado el Clermont. Primera mujer en dirigir a un conjunto profesional masculino, el Clermont Foot 63, de la Segunda división francesa.

El club galo cuenta con Costa para la próxima temporada. Y ella está más que preparada para tomar esa responsabilidad: como nadie, se graduó con las mejores calificaciones en Ciencias del Deporte en Lisboa, y como todas, pasó los cursos de entrenador y sus correspondientes exámenes. Hasta hizo unas "prácticas" en el Chelsea de Mourinho, de quien dicen le sirve de inspiración. Poco a poco demostró que, desde el banquillo, el fútbol se analiza igual en masculino que en femenino. Por eso llegó a la selección de Qatar, y a la de Irán, después de adquirir confianza y títulos con las categorías inferiores del Benfica y ser ojeadora para el Celtic de Glasgow."

Aquí a noticia completa

A segunda. David contra Goliath (se non coñeces a estes personaxes, xa que a súa historia che permitirá entender a metáfora, pincha aquí): Antonia Ayres - Brown

"La joven estudiante norteamericana Antonia Ayres-Brown ha conseguido después de cinco años de insistencia que la cadena de restaurantes McDonald’s se comprometa a que sus empleados abandonen la presunción de que hay unos regalos “para niños” y otros “para niñas”."

Aquí a historia completa





Balda de Libros (LVI): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala



Este libro gustoume moito, sobre todo cando Caleno, un ladrón, se facía pasar polo sabio Citrón e recitáballe varios versos inventados por el, algún como: Polo rius abaixus vai unha troitae de pé, e logo, este traducíalle a: Ulises que me dises; ou tamén como: Magis vale semper tarde ca nuncae, e traducíallo a: Abride a porta me cago en diola que teño présa. Son moi graciosos, sobre todo, porque o Emperador de Roma non se dá conta do que está a escoitar.

Unha cousa bastante peculiar é que ten un presentador que actúa como o director da obra, e por veces, para a representación para explicar algunhas características sobre os personaxes ou o que pensan nese momento.

Polo resto, paréceme un libro moi fácil de ler e enténdese moi ben. De feito, recomendaríallo a calquera persoa.

Belén García Lijó (4º ESO)

Gustoume moito este libro, fíxome moita gracia a escena onde o pobre Soldado 2 perdeu a perna sen facer nada, foi un pouco inxusto pola parte do Emperador. 

Outra escena que me gustou foi cando o falso Citrón se inventaba as historias cando lle tiña que ler ao Emperador e el aínda máis parvo que lle cría. 

O amor entre Carmiña e Manolitus é puro, inxenuo, e ás veces un pouco cursi. Os ladróns son algo listos pero non tanto, son moi parvos. Pero está moi ben, sinxelo de ler, entretido e humorístico.

Esta obra utiliza algunhas expresións modernas pero modificadas, dándolle un aspecto cómico e divertido ao ler.

Luisa Fernanda Marín Echeverri (4º ESO)


Este libro, O achado do castro, gustoume xa que se desenvolve na Antiga Roma, tamén porque Catulo e Caleno, que son dous personaxes da historia quérenlle roubar ao Emperador o medallón, que era o símbolo do Imperio.
Tamén porque o escravo descobre que Catulo e Caleno están no pazo do Emperador, pero logo o escravo é intoxicado por unhas uvas... E así máis historias que están ben.
A  acción da obra desenvólvese na época dos romanos. Tamén ao longo da obra hai varias referencias a cancións populares galegas.
Os personaxes, hai algúns que son máis poderosos que outros por exemplo: o Emperador que tiña  poder absoluto en cambio Catulo e Caleno non teñen poder ningún xa que son dous ladróns que están roubándolle cousas aos demais como o medallón ó Emperador pero o final non  foron capaces de lla roubar.
Así vendo como son os personaxes podedes ter unha referencia da historia ou imaxinala.
O vocabulario é fácil de entender, ten poucas palabras descoñecidas.

Recomendaríao lelo porque hai varias cousas coas que podes aprender como por exemplo a non ter faltas de ortografía etc, que son moi usadas na vida cotiá,  con está só ler un libro, lelo rápido e enténdese perfectamente ben a historia.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Balda de Libros (LV): Matalobos, de Raúl Dans



O libro gustoume moito porque é entretido, fácil de ler.
Este libro lese rápido. Gústame o tema que trata. Porque trata de que hai persoas que che dan a súa palabra e despois non a cumpren. Os que non a cumpren acaban recibindo un castigo pola outra persoa.
A historia é entretida porque as personaxes están relacionadas entre si e algún deles nin sequera o sabe.  
A escena que máis me gustou é a do final porque se sabe a verdade. 
Non cambiaría ningún personaxe porque encaixan moi ben.
Gústame máis o final do libro porque está máis traballado.
Ten un vocabulario fácil.
Recomendo lelo, porque é un libro distinto, é de teatro. Os libros de teatro non se fan tan aburridos porque falan entre eles.
Iria Fajín Casas (4º PDC)

Balda de Libros (LIV): O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo Hermo


Este libro é de teatro, consta de tres actos. A historia trata sobre Marta e Verónica que viven as dúas nun piso, o piso é de Verónica. Elas querían outra persoa máis no piso xa que había unha habitación baleira e é cando chega  Brais, o novo inquilino do piso no que  vivirán os tres e pasarán moitas cousas....
Ten só tres personaxes Verónica que é alegre, cariñosa,  desordenada, encantadora, Marta é o contrario  de Verónica é seria, ordenada, protectora, e Brais  é serio, tímido, triste, calado, culto etc.

É sinxelo de comprender, con vocabulario apropiado para ser comprensible nesta historia, que é pequena.
O que máis me gustou foi cando se deron entre si uns agasallos porque así tansmitían a súa amizade.
Este libro recoméndoo ler xa que é bo de entender, lese rápido e tamén é entretido unha vez que te pos  queres saber o que pasará...
Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Este libro a min gustoume, porque ten un argumento bo de entender, de problemas da mocidade. Ademais é curto, e fácil de ler. Podía ter algún que outro personaxe máis.

O vocabulario é fácil, só ten algunhas palabras difíciles de entende, para min este é o libro que máis fácil a nivel de vocabulario que lin. 

Eu cambiaríalle o final, no que Brais marcha e Verónica e Marte volven para a aldea, a traballar na botica do pai de Verónica, se tivera un no que acaba doutra maneira se cadra á xente gustáballe máis, e líano moitas máis persoas.

Brais Rey Calviño (4º PDC)

martes, 6 de maio de 2014

Xogos de palabras


Balda de Libros (LIII): Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz



Este non é o primeiro libro que leo de Agustín Fernández Paz. A primeira vista, pola ilustración da portada e polo resumo da contraportada xa me deu a impresión de que me ía a gustar e iso foi o que ocorreu. A min este libro gustoume moito pero hai unha cousa que non me gustou. Esa cousa é que está nomeando continuamente nomes de películas e feitos que transcorreron nesas películas. Iso fixo que me perdera moitas veces.

O tema deste libro pareceume interesante xa que ao principio pódese observar un dos problemas que lle está a pasar actualmente á maioría das persoas en España, que é o paro. No libro maniféstase co peche de Prudesa Filmes e o despido de todos os seus traballadores. Na miña opinión, esta escena é a máis triste de todo o libro.

Eu faría un cambio neste libro que consiste en diminuír a aparición de tantas películas. Logo, no final non faría ningún cambio xa que non acaba mal.

A linguaxe non foi difícil de entender aínda que houbo palabras que non entendía.

Marta Veiras Noya (3º ESO)

A min gustoume moito este libro, porque ten momentos de intriga. Non me gustou que nomease tantos títulos e frases de películas, porque eu non as coñezo e fáiseme moi aburrido.

Para min o momento máis importante do libro é cando despiden a Damián do traballo, porque desde que o despiden cambia moito a súa vida e a de Marga.

O personaxe que máis me gustou foi o de Marga, porque animaba moito a Damián cando o despediron e cando estaba mal, dicialle que logo ía encontrar traballo que non se preocupara.

A min pareceume que ten un vocabulario bastante fácil para o meu nivel de lectura.

Eu recoméndolle ler este libro a todos os que lle gusten os contos de intriga e misterio porque me parece un bo libro e ademais gustoume moito.

Adrián Recouso Pena (3º ESO)

mércores, 30 de abril de 2014

Balda de Libros (LII): Doentes, de Roberto Vidal Bolaño



Esta obra decidín lela porque vira a película e gustárame moito. A verdade é que a min non me soe gustar moito ler teatro, pero esta obra gustoume moito, máis do que pensaba.

O momento máis importante, sen ningunha dúbida, é o momento do final, cando Cañete morre entre os brazos de don Valeriano e despois este cruza a porta e morre tamén. Paréceme moi emocionante este momento, ademais de ser moi real.

Como cambios penso que non faría ningún xa que me parece que a obra está moi ben escrita e enténdese bastante ben.

Iso si, aínda hai bastantes palabras que non coñecía. A lingua, como ben dixen, en xeral foi fácil de entender, pero había palabras das que como en todos os libros, non coñecía o seu significado.

En resumo, que me parece unha obra de teatro fantástica e que a recomendo moito para ler.

Cristina Deus García (4º ESO)

martes, 29 de abril de 2014

Balda de Libros (LI): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo



O motivo de que escollín este libro para ler foi o título: Os homes só contan até tres. É un título que sorprende bastante e che leva á curiosidade por saber de que trata a obra de Antón Lopo.

A historia está moi ben, é interesante e fácil de ler. De feito, lese moi rápido.

Esta historia é un tanto peculiar, as personaxes deben estar enfermas, porque para matar a un home e despois tallalo para tiralo no colector, non se pode estar moi ben. Por iso o final é bastante de monstros, aínda que foi a parte que máis me gustou. Porque nunca te imaxinas que unhas rapazas inocentes vaian cravarlle un coitelo nas costas, tallalo cun coitelo eléctrico, metelo en bolsas e finalmente, tiralo no colector pouco antes de que recolleran o lixo. Aínda que eu cambiaría o final, porque o deixaron moi aberto. Non se sabe se un dos personaxes tamén o mataron ou puido fuxir destes monstros, simplemente o supós.

Belén García Lijó (4º ESO)

Non foi un dos libros que máis me gustou pero está ben, porque mestura o romanticismo de Helena e Nico e por outra parte está o final, todo o contrario, que foi o que máis me gustou a pesar de ser un pouco noxento, porque penso que contan todo moi detallado, como o cortan, como se manchan de sangue... Non entendo algunhas escenas nas que por exemplo, só aparece unha liña escrita, sen intervencións, só acoutacións...etc.

Pero é un libro fácil, sen vocabulario difícil e que se le rápido. A parte que máis me gustou (xunto co final de Nico) foi a historia de Nico e Helena, pero cambiaríalle o final para saber o que pasa con Evaristo. 

Recomendaríao, porque é fácil ten poucos personaxes...

Marta Otero Ramas (4º ESO)

Balda de Libros (L): Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao



A verdade é que este libro gustoume máis do que pensaba; recoméndoo moito, pois ademais é moi fácil de ler. Dubidaba entre collelo ou non, porque non me soen gustar os libros de teatro, pero víalle moi boa pinta e ademais os que o leran falaranme moi ben del, polo que ao final acabeino collendo.

O lance que máis me gustou foi o primeiro. Neste mesmo lance o momento máis importante, ou o que máis me gustou, é cando as catro irmás se despiden del no seu enterro, dicindo o gran home que fora e o moito que o querían.

Como cambios penso que non faría ningún, xa que como ben dixen anteriormente, é moi fácil de ler, de feito creo que é o libro máis fácil de todos os que lin en 3º e 4º da ESO. Todo se entende moi ben e ademais gústame moito a forma na que está escrito este libro.

A lingua, ao igual que a historia, foi moi fácil de entender. Na obra si que hai vulgarismos, dialectalismos, hipergaleguismos, e demais, pero todo se entende bastante ben.

Cristina Deus García (4º ESO)

Os vellos non deben de namorarse é unha das obras teatrais galegas máis populares de Castelao. Este libro ten tres lances e un epílogo que se debe ler, porque está moi ben, xa que nel, os tres protagonistas vellos contan no camposanto as súas historias de amor coas súas respectivas mozas novas, que acaban cada unha casando cun home das súas idades. E aquí danse conta de que se non se tivesen namorado destas mozas, non morrerían tan cedo e aguantarían un par de anos vivos.

O lance que máis me gustou foi o primeiro, que trata sobre un boticario namorado dunha moza e coas típicas catro irmás vellas de antes que ían vestidas todas de negro, ata levaban o pano na cabeza de cor negra.

Pareceume unha obra bastante fácil de entender e de ler. Penso que é moito máis fácil ler unha obra de teatro que unha novela, xa que algunhas teñen tanta descrición que xa aburre.

Belén García Lijó (4º ESO)


A min este libro encantoume, xa que pasas un bo momento léndoo, e se tes a oportunidade de lelo cos compañeiros ou alguén da túa familia aínda máis. Así que eu antes de nada invítovos a lelo, xa que é moi divertido.

Resultoume fácil de ler e tamén fácil de entender. Os lances por separado son entretidos, pero a dicir a verdade eu ao de Pimpinela, que é o lance terceiro, inventaríalle a miña escena como final, porque me gustan os finais felices.

Visto isto, eu son moi fan dos finais amorosos e polo tanto non podo soportar una relación que acabe mal nos libros e nas películas, por iso sempre llo cambio ou acabo pensando que todo acabou ben aínda que acabase mal.

En definitiva, a min este libro encantoume.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)

Foi o primeiro libro de teatro que lin e gustoume moito, non só porque se le rápido, que tamén, pero fai máis ameno ler. 

Houbo partes do libro que se me fixeron un pouco repetitivas, por exemplo cando as irmás de Saturio estaban chorando por el, pero en xeral resultoume entretido. 

A parte que máis me gustou foi o final, cando todos se atopan no ceo, e non o cambiaría. 

En canto á linguaxe, parecéceme un libro moi rápido, simple e fácil de entender excepto por algunhas palabras que ten. É un libro que si que recomendaría sobre todo a quen está empezando a ler teatro, porque non é para nada difícil de entender.

Marta Otero Ramas (4º ESO)

xoves, 24 de abril de 2014

Unha Cervantes reivindicativa: Elena Poniatowska

Imaxe: www.bne.es
Con voz nerviosa empieza por recordar a las tres mujeres que la precedieron. Es la cuarta en ser distinguida con este premio —frente a los 35 hombres que lo han ganado— pero la primera en subir al púlpito. Ana María Matute estaba en silla de ruedas, María Zambrano no pudo asistir y Dulce María Loynaz envió a una persona para que la representara. Tres marías “zarandeadas por sus circunstancias”. Y junto a ellas nombres de mujeres que van desde Sor Juana Inés de la Cruz, pasando por Tina Modotti o Frida Kahlo, hasta las de Ciudad Juárez asesinadas. Asombro ante el silencio y lo que falta por hacer por las ellas. (...)

En la tierra de Miguel de Cervantes está una mujer de 82 años tan sensible como combativa. ¿Rebelde? Que dice las cosas y reivindica la igualdad y derechos y deberes para todos. Una periodista que empezó a darse cuenta de la realidad en 1954 cuando la contrataron en el periódico mexicano Excelsior. Desde entonces, casi medio centenar de libros periodísticos, ensayos, novelas y biografías. Desde grandes reportajes y crónicas como La noche de Tlatelolco y Las soldaderas, hasta El universo o nada, la biografía novelada de su marido, Guillermo Haro; pasando por novelas como La piel del cielo y Hasta no verte, Jesús mío.

No apareció cabalgando como Sancho Panza pero lo recordó, se comparó a él: “Soy una Sancho Panza femenina. (…) Una escritora que no puede hablar de molinos porque ya no los hay y en cambio lo hace de los andariegos comunes y corrientes que cargan su bolsa del mandado, su pico o su pala, duermen a la buena ventura y confían en una cronista impulsiva que retiene lo que le cuentan”.

Aquí o artigo completo

Balda de Libros (XLIX): O heroe, de Manuel Rivas


O heroe, de Manuel Rivas, Xerais

Este libro gustoume moito, porque o tema que trata sobre o estilo de vida que levaban as persoas que non estaban de acordo cos ditadores.
Mostra no mundo que vivían as persoas que marchaban de Galicia por culpa de que non estaban de acordo co Franco.
O momento máis importante é cando Caronte e Lanzarote fan un plan para deixar mal ó ditador diante de todo o pobo.
O que cambiaría seria que non escribiría a historia saltando de diante a atrás.
Ten un vocabulario fácil. Gustoume o libro porque é de teatro. Os libros de teatro lense moi rápido.

Iria Fajín Casas (4º PDC)

Balda de Libros (XLVIII): La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca


La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, Cátedra

A mi este libro me gustó mucho porque expresa muy bien el problema que hay en la familia, una madre que no sabe ser madre, porque se toma su maternidad muy en serio lo que se debe hacer, se preocupa mucho más del que dirán que de que sus hijas sean felices.
La persona que más me gusta en la historia es Poncia, una señora que cumple con sus obligaciones, que
ante todo mantiene el respeto, aunque Bernarda a veces la saque de sus casillas.
En este libro, aunque todo suceda muy rápido y siempre de la misma manera, porque las personas tienen el carácter muy bien descrito, se tocan muchos temas variados como el odio y la envidia, que pueden existir entre hermanas, el poder que puede sentir una persona, por tener más edad que el resto, o por la simple razón del dinero.
Recomiendo este libro porque es muy sencillo de leer y nos muestra como fué un día este mundo, que las mujeres también pueden mandar y también pueden ser las que tienen el poder pero sin embargo Bernarda dice, "ahora teneis que hacer lo que yo os ordene, vuestro padre no está", y me pregunto que tendría que no estar para que ella pudiera mandar y la obedecieran?

Alba Docampo Noya (4º PDC)

La historia tiene momentos graciosos. Me gusta porque trata de una madre que tiene tan atadas a sus hijas que al final esto se le vuelve en su contra. Yo habría hecho que Pepe el Romano hablase, para que el pudiese dar su opinión y su punto de vista.
El momento más importante es el final porque no te espera sque la madre mate a su propia hija.
Recomiendo leer obras de teatro porque a veces no las leemos porque pensamos que son sólo para interpretar y no es así.
Yo recomiendo leerlo a todo el mundo porque tiene un vocabulario fácil y es graciosa la historia aunque tenga momentos trágicos.
Iria Fajín Casas (4º PDC)


Este libro llamado La casa de Bernarda Alba me gustó porque es una historia completa, en la que suceden cosas diferentes, que no cuentas con ellas.
Los personajes los hay muy variados desde muy jóvenes hasta viejos. Y el que más me gustó fue Adela ya que al final muere porque no puede estar con el hombre que le gusta, y le deja  el camino libre a su hermana. 
La escena que más me gustó fue en la que encuentran a Adela con un hombre y luego Bernarda le saca una escopeta para meterle miedo.
Al final de la historia una persona se muere, su madre era muy estricta con sus hijas.
El final para mi es muy apropiado para la historia y no lo cambiaría porque la pondría peor. 
Lo recomendaría leer ya que es de teatro, fácil y también se lee muy rápido. 
La casa de Bernarda Alba representa ante todo el dolor  cotidiano, familiar, hasta sus últimas consecuencias.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Esta obra me gustó porque cuenta la dramática situación delas mujeres en la España de aquella época, que estaban obligadas a seguir un luto excesivo y a casarse con quien sus padres digan. 
Me gustó mucho el final, porque a pesar de que a Bernarda le muriera una hija seguía tan fría coma siempre. El tema del libro es interesante porque habla sobre el luto que había antes porque antes se hacían muchas menos cosas que a día de hoy que también hay luto pero ya la gente no se viste de negro como antes. 
También me gustó porque es un libro corto, fácil de leer se le muy rápido.
La lengua se entiende bien al ser cortito también influye.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)

xoves, 10 de abril de 2014

Violencia de xénero no mundo rural

Menos información, más presión y miedo a la hora de denunciar, dificultad para que se respeten medidas judiciales como órdenes de alejamiento y peor acceso a los recursos disponibles son algunas de las barreras que afrontan las mujeres que sufren el drama de la violencia de género en el medio rural. (...)



"Hay una mayor presión sobre las mujeres para ocultar el maltrato que viven, al ser un medio más cerrado, puesto que las relaciones de vecindad son más intensas y sienten que hacerlo público afectaría al entorno", asegura la publicación, titulada "Violencia de genero igualdad en el medio rural".

En el otro lado de la moneda, "los maltratadores se sienten menos cuestionados por su entorno, pues creen que gozan del respeto de sus vecinos y que no se inmiscuirán en lo que ocurre dentro de casa".

Para acabar con esta situación, los expertos recomiendan sensibilizar a la población para que identifique la violencia desde estadios iniciales y para que los hombres hagan ver al agresor que no son sus cómplices y muestren su desaprobación.

Aquí o artigo completo