Unha nova entrega no noso
recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da
novela Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, con
ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros, Xerais, 2009).
Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 1º ESO, CPI
Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 4 de febreiro de 2020
Book tráiler (XXXIII): "Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)", de Marcos López Concepción. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez
Unha nova entrega no noso
recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da
novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), de Marcos López Concepción (col. Árbore,
Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez,
1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (XXXII): “Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares
Unha nova entrega no noso
recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da
novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con
ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014).
Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
mércores, 29 de xaneiro de 2020
Book trailer (XXXI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Lúa Edreira Martínez
Conta de Libros (XXVII): Chamábase Luís, de Marina Mayoral
Chamábase
Luís é un libro moi interesante, xa que
trata de un tema delicado como é o das drogas, e vexo moi importante que se
trate porque aínda que hoxe en día estea máis normalizado o tema aínda faltan
algúns aspectos por entender ou explicar na sociedade, a xente non entende a
dor que pasan as familias.
Á parte do tema das drogas tamén trata os conflitos
familiares de épocas anteriores á nosa.
Non é
fácil escoller personaxe favorito, xa que hai persoas que inflúen moito na
novela, pero se tivera que escoller, sen dúbida sería Rosa. Rosa paréceme unha
boa persoa que sempre sabe que dicir ou facer. É unha muller loitadora e sempre
vai facer o que poida por salvar a seus fillos e defendelos. Ten unha gran debilidade
por Luís, xa que é o fillo con máis problemas, pero iso non lle fai perder os
estribos.
A obra é curtiña e fácil de ler, o vocabulario da novela é doado, pero ten algunhas palabras complexas. Se queres saber algo máis do libro so tes que lelo.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
mércores, 22 de xaneiro de 2020
Book tráiler (XXX): "Chamábase Luís", de Marina Mayoral. Realizado por Uxía Beiras Rivas
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira,
o Book tráiler da novela Chamábase Luís, de Marina Mayoral (col. Fóra de Xogo, Xerais, 2007). Realización
youtubeira: Uxía
Beiras Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (XXIX): "Palabras de Caramelo", de Gonzalo Moure. Realizado por Irene Iglesias Domínguez
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Conta de Libros (XXVI): A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
A esmorga é un libro que trata numerosos temas,
coma o alcoholismo, abuso policial, machismo, homosexualidade, etc, e fai
diferentes críticas cara á sociedade da época.
O momento que máis me gustou do relato,
foi sen dúbida, cando os tres compañeiro pelexan e, sen querer, prende o lume no pazo. É un acontecemento
totalmente inesperado, que te colle por sorpresa. Isto mesmo ocorre co final.
Este, non se semella nin un chisco ao que calquera pode pensar.
O personaxe que máis me gusta é
Cipriano, o protagonista. Na miña opinión está moi ben caracterizado, e
adáptase á perfección ao prototipo de home da época.
En canto ao vocabulario, a obra transcorre
nun aldea ás aforas de Ourense. Este feito fai que o falar sexa diferente ao
noso e, poida resultar un pouco complexa a comprensión, pero paga a pena.
Dito isto, recoméndovos moito este libro
porque realmente me gustou, pero dende o meu punto de vista, creo que é máis
axeitado para mozos e mozas, quizais, cun ou dous anos máis.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Alba Rey Brea (4º ESO)
É un libro que me gustou moito,
pero tamén é difícil de ler. Dá moitas voltas, explica moitísimo pero é
divertido. Tíveno que ler dúas veces para entendelo ben.
O momento máis divertido foi
cando prenderon o lume ao pazo onde vivía un familiar do Milhomes e se botaron
a correr medio espidos. As mortes do Bocas e do Cibrán era o que menos me
esperaba, aínda que lle dá emoción ao final
O meu personaxe preferido é o
Cibrán, é o que conta toda a historia e paréceme unha boa persoa e moi
inocente. O bocas e o Milhomes, tampouco me desagradaron.
O final gústame moito, non o
esperaba e tampouco o cambiaría. O que si que cambiaría, sería a linguaxe, é
antiga e iso faino difícil de ler. Unha vez que o pillas, é bastante rápido de ler
e engánchate porque xa non sabes que máis poden facer eses tres.
O tema é moi interesante e
divertido, tres homes de esmorga que o pasan moi ben, non perden o tempo.
Beben, rouban, queiman un pazo, entran nunha casa, un mata a outro... A min
gustoume.
Nesta narración de Eduardo Blanco Amor o tema principal é un día enteiro de
esmorga de tres personaxes, e o que ocorre nesas 24 horas e as súas
consecuencias.
O
momento que me pareceu máis importante para min foi cando queimaron
o pazo, pois foi o que arruinou todo, máis do que xa estaba mais, o
momento que máis me gustou ou que máis me fixo rir foi cando
entraron no pazo dos Andrada por segunda vez e descubriron o segredo
da muller fermosa da cal estaban namorados dende a primeira vez que a
viron.
Pareceume
interesante a súa trama pero o seu vocabulario resultoume bastante
difícil de comprender e iso fixo que tardara máis en lelo, posto que
estaba escrito en galego dialectal da zona ourensá, aínda así iso non quere dicir
que non me gustase e non lle faría ningún cambio. Tamén me
gustaron os seus personaxes secundarios.
Este
libro conta con moitos xiros na acción da trama polo que fai que te
enganche.
É
un libro que recomendo e que te animo a ler!
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
O
libro trata duns 3 homes que van de festa (esmorga), foron ao primeiro
bar e emborracháronse e aí comezou a historia. O tema paréceme
diferente, moi divertido e entretido de ler.
O personaxe que máis
me gustou foi Cibrán porque non foi o máis agresivo nin o máis
gracioso pero si o máis intelixente e influínte na narración. Outro que
tamén me gustou foi o Bocas porque me pareceu o máis agresivo e
menos intelixente e iso fai que sexa o máis gracioso.
Eu o que
cambiaría sería que Cibrán non se suicidase e non lle pasase nada
malo e que o Bocas non lle fixese nada malo á muller do vertedoiro.
Eu cambiaria o final por un menos agresivo, por exemplo: o Bocas non
fora a violar a muller e a seducise como a xente normal. E que a Cibrán
non lle pasase nada malo porque é bo home.
A linguaxe era diferente
porque se escribiu en galego dialectal da zona ourensá.
Eu recomendo este libro porque
ten un tema diferente e poucas páxinas, así que ao lelo pasas unha tarde moi entretida e chea de risas.
Miguel
Mariño Martínez (4º ESO)
Vou
comentar este libro que trata dun home que narra durante un período
de tempo as súas aventuras xunto cos seus dous amigos.
É un libro entretido aínda que o vocabulario é complexo. Gústame debido a que todo se desenvolve nunha vila deixada da man de Deus. Todo comeza cando os amigos e o protagonista saen de festa, ao que a novela lle chama saír de esmorga, estes pásanse coa bebida e acaban facendo toleadas como entrar nunha casa valada, ou queimar sen querer un pazo cando só querían quentarse e pasar a noite.
O tema paréceme diferente debido a que Cibrán (o personaxe principal) está nunha loita interna entre asentar ou seguir sendo un cabeza tola.
O momento máis importante podo dicir que foi cando a policía interroga a Cibrán e morre aínda que non se aclara a causa da morte se foi porque o matan a golpes ou se colle a navalla e se suicida.
É un libro que recomendaría se tivese un vocabulario máis sinxelo porque baixo o meu punto de vista axilizaría a lectura.
Mirian Otero Sande (4º ESO)
É un libro entretido aínda que o vocabulario é complexo. Gústame debido a que todo se desenvolve nunha vila deixada da man de Deus. Todo comeza cando os amigos e o protagonista saen de festa, ao que a novela lle chama saír de esmorga, estes pásanse coa bebida e acaban facendo toleadas como entrar nunha casa valada, ou queimar sen querer un pazo cando só querían quentarse e pasar a noite.
O tema paréceme diferente debido a que Cibrán (o personaxe principal) está nunha loita interna entre asentar ou seguir sendo un cabeza tola.
O momento máis importante podo dicir que foi cando a policía interroga a Cibrán e morre aínda que non se aclara a causa da morte se foi porque o matan a golpes ou se colle a navalla e se suicida.
É un libro que recomendaría se tivese un vocabulario máis sinxelo porque baixo o meu punto de vista axilizaría a lectura.
Mirian Otero Sande (4º ESO)
mércores, 15 de xaneiro de 2020
Book tráiler (XXVIII): "Palabras de Caramelo", de Gonzalo Moure. Realizado por Ana Viqueira García
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book
tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Ana Viqueira
García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 14 de xaneiro de 2020
Book tráiler (XXVII): "O diario violeta de Carlota", de Gemma Lienas. Por Sonia Muíño Riomayor
Velaquí unha nova entrega no noso recuncho de realización
youtubeira. O Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota,
de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2003). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 2º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
mércores, 18 de decembro de 2019
Book tráiler (XXVI): A balada dos unicornios, de Ledicia Costas. Realizado por Iria Castro Noya
Book tráiler (XXV): Corredora, de María Reimóndez. Realización youtubeira: Raúl Ferreira Fente
martes, 17 de decembro de 2019
Conta de Libros (XXV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey
Ao principio é un pouco raro
porque e como se fose o final e non se entende pero na segunda páxina xa se entende
mellor e xa é máis fácil de ler e lese moi rápido.
O momento mais importante do
libro é cando “Degolado” coñece a “Pomba” e fala case todos os dias con ela.
O
meu personaxe favorito é “Degolado” porque é moi listo e tamén outra cousa que
me gusta moito del é que sabe moito sobre paxaros, ten poucos amigos pero son
bos amigos e á parte case sempre está con eles pase o que pase.
O final
gustoume moito e tan só cambiaría unha cousa e é que seu avó non morrese e os
paxaros os soltase o avó canda el e “Pomba”. Moito máis tarde que casase con Pomba e fosen vivir á casa do avó (restaurante), e que seguisen vivindo cos
paxaros, cans etc. e Tula volvese á casa e seus pais fixesen as paces.
Recoméndovos
este libro porque está moi chulo, xa que trata como de agora mesmo coñecer
alguén por Internet.
Pablo Couselo Noya (3º ESO)
Adrián Esmorís Noya (3º ESO)
Martín Rivas Suárez (3º ESO)
Pois eu non teño
momento máis importante do libro porque para min todo o relato foi moi
interesante, pero se tivera que
escoller escollería o final cando solta André os paxaros das gaiolas.
O tema
pareceume moi interesante porque a min non me aburriu moito mentres que outros
libros a min abúrrenme moito e non me gusta ler, pero este libro enganchoume
moito e acabeino moi rápido.
O vocabulario non foi moi difícil de entender, só algunhas palabras que foron difíciles pero o demais foi fácil de entender.
Eu recomendaría
este libro para que o leran outros lectores porque está moi interesante e
tampouco ten un vocabulario moi difícil de comprender. Ademais este libro
engancha moito e para quen lle gusten moito os libros vaino acabar moi rápido.
Aínda que vos pareza que ten un final moi raro e algo difícil de entender o demais é fácil.
Precisamente, o único que non me gustou moito do libro foi o final, porque non o
entendo moi ben e tamén o principio cando conta unha historia, tampouco o
entendín moi ben pero o resto do libro resulta fácil de entender.
Adrián Esmorís Noya (3º ESO)
A min este libro
gustoume moito porque é entretido, a pesar de todo o que lle pasa a André.
A parte máis importante é cando o avó morre porque despois André ten que se facer cargo dos paxaros, mais cando André ten que deixar a seu pai porque el foise con outra muller e André ao enfadarse con seu pai el non lle pode axudar.
Cambiaría o final porque non me gustou que morrera o avó de André, porque era o
que máis quería.
Está escrito nunha lingua fácil de entender porque non tiña moitas
palabras que non se comprenderan.
Un libro que recomendo ler porque é moi
interesante e entendese ben.
Conta de Libros (XXIV): Silencio, de Fran Alonso
Gústame moito este relato porque envólvete nunha
historia de misterio e intriga e un pouco de medo ao saber que sucede no outro
piso co Pai e os 8 ou 9 nenos.
A historia é algo difícil de entender por tantas cousas que fai o protagonista alí por Madrid, as cousas que lle ocorren no piso e os pensamentos que ten, ademais narra moi ben o que é mudarse, e o sufrimento que conleva marchar da túa cidade natal na procura de traballo.
Podería cadrar cunha historia real aínda que é moi macabra e perturbadora, non sei se se deu algún caso real deste tipo, pero non me gustaría estar alí.
Ten un vocabulario bastante sinxelo e fácil de
entender, exceptuando unhas cantas palabras.
Recoméndollo a esa xente que lle guste
a intriga, o misterio e as historias que ocorran nas cidades.
Rubén Rodríguez Seoane (3º ESO)
Conta de Libros (XXIII): A chave das noces, de Xabier P. Docampo
A chave das noces é un libro de
misterio, é moi entretido e engancha moito, xa que sempre queres saber que vai
pasar. O libro é moi fácil de ler e o vocabulario compréndese todo á
perfección, a letra é bastante grande e o libro é bastante curto.
Para min, o momento máis importante do
libro é moi difícil de escoller, xa que durante todo o libro ocorren cousas
importantes e non te podes perder ningunha. Pero eu escollería o momento cando
descobren quen están na Pomba, porque eses eran os culpables.
O meu personaxe favorito é Mauro, porque á parte de ser o protagonista, sentiu moita empatía por Henrique, un rapaz que só coñecía dun día antes. Mauro nunca se rendeu e non parou ata resolver o
misterio da morte do seu novo amigo.
Non
lle cambiaría nada á novela, xa que me
parece que está moi ben organizada
e moi ben elaborada.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
A chave das noces é un libro que me gustou bastante. Pero creo que lle sobran algunhas cousas, sobre todo do principio, porque hai algúns dos casos que ten que resolver Mauro ao inicio aos que o autor lle dedica moito tempo e despóis na historia en si non teñen nada de importante nin se desenvolven máis a fondo. Así que creo que eses anacos do libro se poderían suprimir poderíase empezar a desenvolver a historia principal dende un comezo.
Aínda así creo que A chave das noces é un libro bastante bo, cunha trama moi interesante e ben desenvolvida menos polo final, xa que persoalmente non me gustan moito os finais abertos, e neste caso o final desta historia é bastante aberto, porque aínda que algúns problemas si que se solucionan o principal da trama non.
A linguaxe foime algo difícil de comprender xa que había bastantes palabras que non entendía.
Laura
Codesido Fernández (3º ESO)
Este libro gustoume moitísimo, pareceume un libro moi bonito e interesante, é un libro fácil de ler. Ao principio non se sabe quen son ben os personaxes pero logo de tres, catro páxinas xa se entende moi ben e lese rápido.
O momento mais importante da novela paréceme que é cando Mauro vai ao barco de Henrique e atopa as súas pertenzas.
O meu personaxe favorito era Mauro porque era moi listo e rápido pensando, para encontrar os culpables.
O final non me gustou moito cambiaría unas cousas como ao final na casa do xefe máis alto que non marchase sen máis, ou que haxa una segunda parte, logo outra mudanza moi importante sería que Henrique seguise vivo porque me daba pena e que volvese para onda a súa familia.
Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi interesante, xa que moitas partes del son a dura realidade e hai que acabar con iso.
Este libro gustoume moitísimo, pareceume un libro moi bonito e interesante, é un libro fácil de ler. Ao principio non se sabe quen son ben os personaxes pero logo de tres, catro páxinas xa se entende moi ben e lese rápido.
O momento mais importante da novela paréceme que é cando Mauro vai ao barco de Henrique e atopa as súas pertenzas.
O meu personaxe favorito era Mauro porque era moi listo e rápido pensando, para encontrar os culpables.
O final non me gustou moito cambiaría unas cousas como ao final na casa do xefe máis alto que non marchase sen máis, ou que haxa una segunda parte, logo outra mudanza moi importante sería que Henrique seguise vivo porque me daba pena e que volvese para onda a súa familia.
Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi interesante, xa que moitas partes del son a dura realidade e hai que acabar con iso.
Pablo Couselo
Noya (3º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que me pareceu bastante entretido e realista, xa que mostra o dura que pode chegar a ser a vida e as miles de historias que nos podemos chegar a inventar,e a crer que son reais.
A min este libro gustoume moito xa que me pareceu bastante entretido e realista, xa que mostra o dura que pode chegar a ser a vida e as miles de historias que nos podemos chegar a inventar,e a crer que son reais.
A escena que máis me
gustou, pero a que máis pena me deu foi cando encontraron o corpo de Henrique, xa que
aí deuse a ver que aínda que coñezas a alguén de moi pouco tempo podes chegar a ter
unha gran unión con el ou con ela.
O personaxe que máis me
gustou foi Mauro, xa que despois do asasinato do seu amigo, el encargouse de
encontrar toda a verdade e intentar vingala.
O final non me gustou
moito, xa que me esperaba que terminase deoutra maneira. Pero tamén me pareceu moi
valente o que fixo Mauro polo seu amigo.
Recoméndovos este libro
xa que che mostra unha realidade de vida, afastada do modelo de vida que temos.
Arancha Rey Brea (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














