Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 29 de marzo de 2022

Conta de Libros (XIX): A punta de pistola. Fran Alonso

A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais 

Este libro é moi educativo porque ensina o que se pode facer para conseguir cumprir os soños ou o que queiramos, e tamén ensina o que non se pode facer porque senón estragamos a nosa vida e a dos nosos seres queridos. 

O momento máis importante penso que foi cando Pixie se perdeu no centro comercial e a nai e a irmá estaban moi preocupadas polo que lle puidera suceder, pero ao Varas non lle importaba nada e traíalle sen coidado atopalo ou non por que el só quería volver para a casa e esquecerse de todo. 

Este libro trata dun tema moi interesante porque conta dúas historia, unha dunha familia e outra dunha camioneira que dende pequena nunca se rendera para conseguir o seu soño que era facerse camioneira, e ao final xúntanse as historias e o libro cobra sentido. 

Neste libro non é necesario facer ningún cambio porque está moi ben dende o principio ao final, e o final é moi axeitado porque xunta a historia de dúas irmás que levaban moito tempo sen verse, despois cruzánselle os camiños e atópanse. 

Íker Señarís Suárez (3º ESO)

Conta de Libros (XVIII): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa

48 horas. Cándido Paniagua Pousa. Xerais 

Na miña opinión o libro gustoume moito porque os temas de misterio e de desaparicións son moi interesantes. 

O momento máis importante foi cando todos se reunían a buscar a Lois. O momento que menos me gustou, foi cando Lois planeou o seu secuestro, xa que os seus amigos se preocuparon e fixeron todo o posible para que Lois aparecera san e a salvo. 

Os personaxes son axeitados, gustáronme moito e gustoume como pensaban. 

A lingua foi doada de entender pero o contido non foi moi fácil. 

O libro en xeral está bastante ben, aínda que ao mellor daríalle algúns cambios como por exemplo, a desaparición do rapaz pois non me gustaría que fora el o que fixo iso, e tamén daríalle un pouco mais de intriga e que se fixera máis longo o contido. O final do libro para min está ben axeitado. 

Érika Grela Bello (3º ESO)

Conta de Libros (XVII): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán

Marta ante o espello. Teresa Calo Fontán. Xerais

Para min o momento máis importante do libro foi cando dixo porque empezou co de non comer, xa que explica a súa historia, e así sábese ben porque se encontra no limbo e o que ela sente e porque fala da maneira na que fala. 

A min o libro pareceume interesante, xa que fala dun tema moi importante e que moitas persoas sofren, e penso que é moi importante falar de el e documentarse. 

A lingua pareceume bastante fácil de ler, xa que a autora utilizou unha linguaxe sinxela e fácil, e ademais redactou o libro dunha maneira que ía directamente ao gran nos temas que trata. O final eu persoalmente faríao algo máis cerrado, xa que a min non me quedou moi claro de se Marta quedaba ao final no limbo, ou pola contra aínda estivera viva e todo iso era un soño ou algo así. Pero polo demais pareceume un libro moi doado de ler e moi interesante, cuns personaxes divertidos e simpáticos, e unha protagonista que a acabas entendendo na súa maneira de ser. 

Sen dúbida algunha recomendo a súa lectura. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Book tráiler (LXV): A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Realizado por Darío Sánchez Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (col. Narrativa. Galaxia, 2014, 6ª ed). Realización youtubeira: Darío Sánchez Liste, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

luns, 28 de marzo de 2022

Book tráiler (LXIV): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2011). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XVI): Rapazas, de Agustín Fernández Paz

Rapazas. Agustín Fernández Paz. Xerais 

 A min, persoalmente, este libro gustoume moito, xa que nel trátanse varios temas sobre a igualdade. Este libro ten varias historias curtas. En todas e cada unha delas son protagonistas rapazas de 14-15 anos máis ou menos. 

A miña preferida foi a historia das rosas muchas. Gustoume tanto a trama do libro como o entorno no que se desenvolve a historia. Quizais esperaba que o final fose un pouco máis dramático. A personaxe principal era realista, ao igual que todas as dos outros relatos. 

 As historias contan feitos que facilmente poden ser reais. Dende unha carreira ata unha avoa racista. Hai moita variedade entre as historias xa que cada unha delas ten un tema diferente ao resto. Tamén había unha que levaba un pouquiño de fantasía polo medio. Esa tamén me gustou moito. 

Se vos gusta ler novelas xuvenís, recomendo este libro. 

Raquel Dafonte Rodríguez (3º ESO)

sábado, 26 de marzo de 2022

Book tráiler (LXIII): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXI): A punta de pistola, de Fran Alonso. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LX): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LIX): A balada dos unicornios, de Ledicia Costas. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mónica Armiño (Xerais, 2018). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LVIII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XV): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz

A viaxe de Gagarin. Agustín Fernández Paz. Xerais 

A novela a min encantoume porque gústame moito todo o que teña que ver co Universo.

Este libro é un dos que máis me gustou de Agustín Fernández Paz porque se centra nunha época histórica e non nunha novela infantil ou xuvenil. Grazas a el podemos entender mellora a situación de España na época franquista e saber como podía vivir unha familia, e poder poñernos na súa pel. 

O que máis me gustou do libro é, que ademais de contarnos a historia de Miguel, ensina datos sobre as primeiras viaxes espaciais e os primeiros cosmonautas, tanto de Gagarin como de Neil Armstrong. 

A miña personaxe favorita é Miguel, xa que afronta a situación familiar con moita madurez, para a súa curta idade. As personaxes que menos me gustaron foron os propios pais de Miguel, por ocultarlle ao seu fillo o que facían. 

Eu ao libro cambiaríalle o final porque gustaríame que a historia de amor entre Miguel e Francesca continuara. 

O vocabulario deste libro era bastante doado e entendino todo moi ben. 

En xeral este libro gustoume moito, e seguramente o volva a ler dentro duns anos. 

Ana Señarís Veiras (4º ESO)

Conta de Libros (XIV): A esmorga, de Eduardo Blanco Amor

A esmorga. Eduardo Blanco Amor. Galaxia 

A esmorga foi unha novela escrita por Eduardo Blanco Amor. Paréceme un libro moi interesante, que conta unha historia moi apaixonante sobre estos tres personaxes: 

Milhomes é un personaxe folgazán que ten unha vida moi pobre que pensa en vivir a vida día a día e non pensar no futuro, el é homosexual, o que ten unha gran importancia na obra.

Outro personaxe sería Castizo, un home parecido a Milhomes, el non era homosexual pero pensaba de maneira parecida, como todos, viste de maneira pobre. 

Por último, O Bocas, o personaxe que conta a historia e tamén o meu preferido. É un personaxe que “ten máis cabeza” porque pensa na súa familia e tamén comparte o seu medo e temor. 

Este libro conta unha historia que pode ocorrer na vida real, paréceme que conta unha historia da que se poden aprender moitas cousas como pensar as cousas “dúas veces” antes de facelas. 

A novela está ben situada na súa época, mais se tivera que facer algún cambio sería poñer un vocabulario máis sinxelo e arranxaría o final, pois o seu final non me acabou de convencer. Gustaríame que os personaxes estiveran vivos.

Darío Sánchez Liste (4º ESO)

mércores, 23 de marzo de 2022

Book tráiler (LVII): A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre (col. Árbore. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)