Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia
Este
libro está dividido en tres lances, e en cada un conta unha historia
diferente pero que teñen algún tipo de relación. E no epílogo da
obra reúnense todos os personaxes que están mortos, e ao señor
Fuco tíranlle outro morto enriba del, que é a sua sogra.
A
relación é que en todos os lances un señor maior se namora dunha
rapaza moito máis nova ca el, e claro a rapaza non lle fai caso e
eles pásano mal.
No
segundo lance, que é o que máis me gustou, o meu personaxe
preferido son os pais de Ramón, xa que miran o mellor para el, e
danlle moi bos consellos, que se queres sabelos tes que ler a obra.
A
verdade é que recomendo moito ler este libro, xa que ao ter tres
historias diferentes na miña opinión faise moito máis interesante
e menos pesado, pero tamén ten unha parte mala (polo menos para
min), que cando acabas de ler o terceiro lance xa non te acordas de
todo o que pasou no primeiro, e como son historias bastante
semellantes ao mellor confúndeste.
A
pesar de ter tres lances (tres tramas distintas), é un libro moi
curto e que se le moi rápido, xa que tamén é moi fácil de
entender.
Zaira
Antelo Iglesias (4º ESO)
Este
libro de teatro de Castelao gustoume moito xa que é moi sinxelo de
ler e moi curto pero o que máis me gustou é o entretido que é.
Neste
libro hai varias personaxes e a que máis me gustou foi a do señor
Fuco xa que me daba pena que só se quixeran aproveitar do diñeiro
que tiña, aínda así tamén me deu pena Pimpinela, a moza da que
estaba namorada, xa que ela só casou co señor Fuco para facerlle un
favor aos seus pais e que estiveran contentos con ela, por iso me
deron pena os dous.
As
personaxes que menos me gustaron foron Micaela e o portugués porque
tamén se aproveitaron moito de Don Ramón, que a cambio dun bico
dáballe unha leira, por iso o seu mozo portugués e Micaela fixeron
ese trato para facerse con todas as terras de Don Ramón.
O
momento deste libro que máis me gustou foi cando os tres vellos se
atoparon no cemiterio, xa que aí decataronse de que a morte tiña
razón e que non debían namorarse cando eran vellos, tamén porque
se decataron do que querían realmente as mozas, que era quedarse co
seu diñeiro.
Valeria
Grela Bello (4º ESO)
Os
vellos non deben de namorarase
é moi interesante, e sobre todo entretido xa que sempre tes esa
curiosidade sobre o que vai acontencer. En xeral é moi fácil de ler
ademais lese moi rápido xa que son lances curtos.
Para
min o momento máis importante foi cando o boticario se namorou cando
era vello. Tamén me parece moi importante cando se reencontran o
señor Fuco, o boticario e don Ramón e se contan as novidades.
O
meu personaxe favorito foi Pimpinela, xa que me dá moita mágoaa
porque ten que facer o que os seus pais queren e non o que ela
realmente sente. Tamén me gustou moito o boticario xa que me parece
moi boa persoa e dáme pena que se namorara sendo tan maior e o que
acabou facendo.
O
personaxe que menos me gustou foi Micaela xa que me parece moi mala
persoa e moi egoísta xa que se aproveitaba sempre de Ramón.
Nuria
Recouso Pena (4º ESO)
Este
libro titúlase Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
É unha obra de teatro que me pareceu moi interesante e sinxela,
lévate a reflexionar sobre o que acontece, que é que uns señores
bastante vellos se namoran dunhas rapazas novas, de aí o título, xa
que non é normal iso, que un señor se interese por alguén que
podería ser a súa neta.
E
hai outro personaxe chamado “A Morte”, que non se sabe se é
home, muller ou calquera outro ser, o único que coñecemos son os
seus actos, non quero dicir o que fai exactamente pero digamos que é
algo moi prexudicial para eses vellos.
Os
personaxes máis importantes son os tres vellos da historia, con
cadansúa rapaza nova e os amantes por así dicilo de cada unha
delas.
O
xénero do libro é o teatro, un xénero que a min non me apaixona
moito pero merece a pena intentar lelo para ver que cada vez vai
mellorando a trama. Non foi para nada difícil de ler e animo a todo
o mundo a lelo para descubrir con máis profundidade o que vai
ocorrendo, non vos ides arrepentir.
Carla
Lema Domínguez