Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 27 de febreiro de 2012

Con forzas renovadas!!


Andivemos un pouco vag@s dende a volta das vacacións de Nadal. En Xaneiro , ademais da volta das vacacións cando custa tanto poñerse a andar, colleunos a gripe, que nos amolou uns cuantos días, como a moit@s de vós.

En Febreiro, acumulousenos o choio cos clubes de lectura e as actividades postas en marcha que derivan deles:

- Derivada do libro O Diario Violeta de Carlota, o foro que abrimos na Aula Virtual do Centro sobre a Igualdade entre homes e mulleres, que está a dar tanto que falar este trimestre. Que non visitastes o foro aínda? Pero se os debates están interesantísimos!!. Pincha onde pon acceso e co teu nome accede e olla o que estamos a comentar. Aquí, aquí:
http://www.edu.xunta.es/centros/cpivianopequeno/aulavirtual/course/category.php?id=27


- A exposición sobre As Mulleres na Historia, que tamén enlaza co citado libro.

- Derivada do libro Cruzada en Jeans, unha pequena creación que lle propuxemos a Diego, Lucía, Tamara e Anxela, de 3º da ESO.


- Derivada do libro Lúa do Senegal, a entrevista virtual co autor, Agustín Fernández Paz, que disfrutou o alumnado de 1º de ESO.


Ademais, estamos a argallar unha lectura de poemas conxunta para o Día Mundial da Poesía, o 21 de Marzo. E algunhas outras actividades das que vos daremos conta pouco a pouco.


Pois así andamos, con bastante que facer e que organizar, pero con ánimos renovados. Grazas pola vosa participación e colaboración. Sodes @s mellores!! Non quixeramos estar de profes en ningún outro sitio!! (Dende a bilioteca tamén sabemos facer a pelota cando nos convén, eh!!)

Lembrade que os Clubes de lectura seguen a funcionar, e axiña con propostas novas, o foro "Educando en Igualdade" está a ser un punto de encontro para @s que nos interesa loitar por unha sociedade máis xusta e máis igualitaria, e segue aberto o concurso trimestral para @s que máis comentan no blog, con premio-agradecemento ao final do trimestre.Enlace

venres, 24 de febreiro de 2012

Hoxe é o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


(Nova fotografía de Rosalía de Castro descuberta por Ramón Torrado.
Fonte: Certo, Xornal Virtual da Barbanza)

Toda Galicia celebra hoxe o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con multitude de actos conmemorativos. Entes as moitas entidades que a recordan están a Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.

Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos).

Desde o CPI de Trazo lembramos a data con este seu poema do libro Cantares Gallegos (1863)

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabou para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De que, pois, te queixas, Mauro?
¿De que, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei que quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.

xoves, 16 de febreiro de 2012

Queres gañar un exemplar de 2044 de Eduardo Santiago?



Fonte: Editorial Galaxia. Explicámoscho aquí

Editorial Galaxia leva tempo colaborando co portal culturagalega.org de cara a promover a lectura na nosa lingua. Dende o portal web ofécesenos a posibilidade de gañar varios exemplares da colección Costa Oeste da nosa editorial, contestando correctamente a unha sinxela pregunta: A que xénero narrativo ou temática corresponde a novela 2044 de Eduardo Santiago?
As respostas enviaranse antes das 15 horas do luns 20 de febreiro ao correo
lg3@culturagalega.org

O correo debe levar como asunto "sorteo 2044" e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.
Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.
Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá tres nomes de xeito correlativo.
O resultado do sorteo farase público durante a mañá do martes 21 de febreiro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.
Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros da colección Costa Oeste de Editorial Galaxia e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

xoves, 9 de febreiro de 2012

Conta de Libros (XIII): A banda sen futuro, Marilar Aleixandre



A banda sen futuro, Marilar Aleixandre, col. Fóra de Xogo, Xerais.


A min, este libro gustoume. O momento que máis me gustou foi cando por fin, despois de moito tempo, Carlota pode deixar medrar o pelo.
Eu non faría un cambio no final, porque xa me gusta así con este final, pero tampouco faría ningún cambio no resto do contido do libro.
A min non me resultou dificil de ler, aínda que había algunhas palabras ás que non lle sabía o significado.
O momento que menos me gustou foi cando Moncho ía sempre onda Carlota, dicirlle cousas da obra de teatro que ían facer.
O momento que máis me me chamou a atención foi cando Carlota falaba coa foto de Poch, porque Poch xa estaba morto e as fotos non falan.

Alicia Veiras Noya (3º)


O momento máis importante para min foi cando Carlota estaba namorada de Miguel, pero logo Toño bicouna e foillo contar a Poch e non se decidía, non sabía se estaba namorada de Toño ou non.
O libro gustoume moito.
Eu do libro se tivera que cambiar algo non o faría, deixaríao tal como está.
Pero cando Carlota falaba con Poch, un cantante morto do que na parede tiña unha foto, chama a atención do lector-lectora esas conversas con el.
Este libro é recomendable lelo, para as persoas que lle guste ler, porque fala dunha rapaza que ten unha enfermidade e que fala cos mortos.

Margarita Pombo Castro (3º)

Esta novela pareceume espectacular xa que me sinto identificada con ela. As historias de amor imposiles e os medos do que pensen de ti os demais compañeiros son moi comúns, sobre todo se tes algún complexo, como neste caso Carlota que ten o problema do pelo.
A parte que máis me gustou do libro foi na que Moncho bica a Carlota e lle di que a quere, naquel momento Carlota non pensa no seu pelo, soamente pensa en que hai unha persoa que a quere tal e como é sen necesidade de agochar nada.

Tamara Muíño Bello (3º)

martes, 7 de febreiro de 2012

Xogan a vida por iren a clase



Semella un adestramento militar mais nada máis lonxe da realidade. Os nenos de Banten, en Indonesia, xogan a vida para iren a clase todos os días. O pasado luns, as tres pontes que conectaban o seu lugar co do lado quedaron destrozados polas chuvias. Din que prefiren facer isto, porque a outra opción é camiñar 5 quilómetros. Aínda que hai nenos moi pequenos que non poden ocultar o seu medo. O alcalde preocúpase pola rapazada, e espera que grazas á difusión destas imaxes o goberno tome medidas. As súas caras xa o den todo. Un esvarón pode ser fatal, pero antepoñen o seu deber á súa propia supervivencia. Para eles, sentar nas aulas, é un xogo de nenos e nenas.

Fonte: xornal público e bitácora trafegandoronseis

Hoxe, 7 de febreiro, fanse 200 anos do nacemento de Charles Dickens (1812-1870)


(Video de floriandocumentales en youtube)

Hoxe, 7 de febreiro, fanse 200 anos do nacemento dun dos autores máis universais de todos os tempos.
Charles Dickens (1812-1870) trasladouse coa súa familia a Londres cando contaba dous anos e despois a Chatham, onde empezou a ir á escola. A penuria económica na que se viu a familia cando encarceraron a seu pai por insolvente fixo que empezara a traballar nunha fábrica de betún. Traballou máis tarde como taquígrafo no Parlamento e viaxou moito por Europa. Entre as súas obras salientan Os papeis póstumos do Club Pickwick (1837), Oliver Twist (1838), publicado en galego por Galaxia, David Copperfield (1850), Canción de Nadal (1843), publicado en galego por Cumio, ou Grandes esperanzas (1861), entre outras.

Fonte: blog.anayainfantilyjuvenil.es

martes, 31 de xaneiro de 2012

Conta de Libros (XII): Que te angustia Núria?, Glória Llobet





Que te angustia Núria?, Glória Llobet, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


Gustoume bastante este libro xa que me sinto identificada cunha cousa que din.
Pero, tamén me gustou porque dunha cousa, dá lugar a moitas formas de pensar. Á parte, sobre todo, Núria, os personaxes teñen bastante personalidade.
A parte que máis me gustou foi cando Núria se dá conta que está equivocada, xa que dá a ver que todos podemos equivocarnos e intentar melloralo.

Rocío Villasenín Bello (3º)

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Sobre a Exposición "Mulleres na historia"

Moitas teñen sido as mulleres, e moitos tamén os homes, que teñen traballado ao longo da historia por espertar conciencias na sociedade, por facer ver que non só a metade das obligacións, senón tamén a metade dos dereitos, lles corresponden.

Nestas datas finais de Xaneiro nas que todos os centros escolares estamos a desenvolver actividades sobre a Paz, pola celebración do Día Mundial da Non Violencia cada 31 de Xaneiro, o Equipo da Biblioteca quérevos convidar a coñecer, contra vento e marea, e arriscando, e perdendo nalgúns casos, a súa propia vida, os esforzos levados a cabo por estas mulleres en diferentes épocas. Elas, máis alá de diferenzas étnicas, lingüísticas, económicas, culturales e políticas viviron, ou viven, co obxectivo de alcanzar a igualdade, a paz, a xustiza e o desenvolvemento nos cinco continentes.

Que vivan as mulleres!!





Visto no Youtube (http://www.youtube.com/)



NOTA IMPORTANTE: A Exposición "Mulleres na historia" pódese visitar no Edificio de Secundaria durante os vindeiros 15 días.

martes, 24 de xaneiro de 2012

Búscase xente creativa!!


Gustaríache ser o director dunha curta de animación?

E construír historias como as do cinema mudo?

A Cidade da Cultura ofrécevos esa oportunidade, a nen@s de entre 5 e 14 anos, da man de ‘Un Gaiás Animado’, dous obradoiros que terán lugar nas fins de semana de febreiro.Enlace
As entradas xa están á venda en www.servinova.com a un prezo de 3€.

Para máis información, pincha aquí:

http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=289

Nen@s que non tiveron nunca un libro


Espertamos hoxe con estas novas que nos remiten a realidades que supoñemos lonxe do noso mundo occidental, europeo, culto, civilizado...

...e de súpeto ZAS, en toda a boca.

Esta realidade está a acontecer aquí ao ladiño...no corazón de Europa.

Mira, mira...ou mellor... Le, le....

McDonald’s cambia los juguetes por libros en los ‘Happy Meals’ de Reino Unido

12/01/2012 | lainformacion.com

Hasta el próximo 7 de febrero los menores que pidan el menú infantil de la cadena de comida rápida recibirán a cambio una copia de alguno de los mayores éxitos de la literatura para niños de los últimos años. Según el National Literacy Trust, uno de cada tres menores británicos nunca ha tenido un libro.

Los niños británicos tienen demasiados juguetes y pocos libros. Esa es la conclusión a la que ha llegado la organización británica de promoción de la lectura National Literacy Trust y que ha provocado su alianza con la editorial HarperCollins y la cadena de restaurantes de comida rápida McDonald’s para sustituir por libros los juguetes que se regalan con los ‘Happy Meals’ en los establecimientos del Reino Unido.

“Uno de cada tres niños de nuestro país nunca ha tenido un libro”, asegura Jonathan Douglas director del National Literacy Trust, para quien esta situación es “muy preocupante” porque “existe una relación directa entre la posesión de libros y las posibilidades de éxito en la vida de estos niños”.

La campaña, que comenzó ayer, espera distribuir hasta nueve millones de títulos para niños entre los menores que pidan el menú infantil. De cumplirse con las previsiones, durante el más que estará activa la promoción, McDonald’s se convertirá en el mayor distribuidor de literatura infantil del país. En Reino Unido se vende un promedio de 1,16 millones de libros semanales, alrededor de 6,4 millones en un periodo de cuatro semanas.

La colección estará formada por seis títulos del autor Michael Morpurgo, escritor conocido por su serie infantil ‘Mudpuddle Farm’ y por su novela ‘War Horse’, que ha sido llevado a la gran pantalla por Steven Spielberg y se estrena en los cines este fin de semana.

NOTA IMPORTANTE: Lonxe da nosa intención facer publicidade dende aquí de esta ou calquera outra cadea de restaurantes e/ou similar. Recollemos a nova vista en http://www.lainformacion.com/ e tras quedar asombrad@s polos datos comentados ao inicio da mesma, aplaudimos a iniciativa como contribución interesante para o fomento da lectura. Ogallá cunda o exemplo!!

E a ti que che parece? Deixa aquí abaixo a túa opinión. Gústanos saber o que pensades!!

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Se estás a CREAR un comic...

...ou se de repente che parece unha boa idea, atopamos a desculpa perfecta para poñerse mans á obra.

Gústache debuxar?

Pasas as horas imaxinando historias fantásticas de superheroes, detectives, piratas, amoríos...?


Destapa todo o teu talento creativo e participa no CONCURSO DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADA convocado polo IES Perdouro de Burela (Lugo). Podedes participar por parellas ou individualmente, o tema é libre, o prazo de presentación das vosas creacións está aberto ata o 20 de Marzo e os premios son ben interesantes; se che gusta debuxar e ler comics, claro está.

Velaquí as bases do concurso:

martes, 17 de xaneiro de 2012

Se estás a ler un comic...

Parte do alumnado de 3º e 4º de ESO que se apuntou a ler Blankets (máis información abaixo á dereita, pinchando na portada do libro) estréase na lectura do formato comic. Tanto se eres novat@ como se non, ou se estás a ler calquer outro comic, invitámosche a botarlle un ollo a esta presentación BREVE sobre as características especiais q debemos ter en conta ante unha historia deste tipo.

Agradecemos a Cris San Martín do CEIP A Ramallosa esta presentación que tomamos "prestada".

Importante: para poder ler o texto sen problemas, facede click en "Expand" e logo facede click de novo encima do debuxo dunha carilla, na barra de ferramentas que sae arriba.




Conta de Libros (XI): A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre



Principia a CONTA DE LIBROS deste trimestre. Os nosos parabéns a Verónica que aproveitou o tempo de lecer do nadal para facer unha nova ficha de lectura. Velaquí:

A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

Para min este libro foi un dos mellores que lin e do que logo tivera que facer un traballo. É dicir, eu xa facía tempo que tiña gaña de ler este libro porque xa o tiña pensado ler no verán, pero como non me deu tempo estivo moi ben que o puidese elixir para ler na materia de Lingua Galega. O traballo resultoume algo máis complexo de realizar xa que tiña que manexar moitos datos e personaxes, aínda que a historia xa era complicada de explicar de por si. Nunca lera un libro tan relacionado coa sociedade e ao mesmo tempo con temas sexuais, e para ser a primeira vez estivo moi ben xa que os personaxes me caeron moi ben, as historias de amor entre os adolescentes foron xeniais e ademais o que completou o libro foron as historias dos deuses, xa que aprendín moito tanto desas historias como do sistema educativo.
Grazas a este libro son quen de ver a verdadeira amizade, a protección da familia, a visión da sociedade … e sobre todo a pensar detidamente as cousas para mellorar o futuro.

Verónica Barreiro Calviño (3º)

domingo, 15 de xaneiro de 2012

O escritor galego Agustín Fernández Paz incorpórase á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz

O escritor lucense Agustín Fernández Paz e a bonaerense Ema Wolf foron as últimas incorporacións da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ó seu portal de Literatura Infantil e Xuvenil.

Dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e María Isabel Soto López --da Universidade de Santiago de Compostela--, o portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz recolle fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudos sobre a súa obra e un completo álbum gráfico.

Paralelamente, a sección dedicada a Ema Wolf, dirixida por Alicia Salvi -- da Universidade de Bos Aires--, recolle varios dos seus textos literarios, ademais de conferencias, ensaios e artigos, así como unha aproximación biobibliográfica e unha galería de imaxes.

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacante, Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín, e desenvólvese na actualidade baixo a tutela da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que preside o escritor Mario Vargas Llosa. O seu obxectivo é a difusión da literatura e as letras iberoamericanas no mundo e para iso ofrece, a través da rede, libre acceso a máis de 130.000 rexistros bibliográficos.


Visto en www.galiciahoxe.com